Salomon Israel Cherezli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Cherezli estudou nun [[cheder]], e a continuación nunha escola da Alizanza Israelita Universitaria. De novo foi membro de círculos sefardís vencellados á promoción do hebreo, e implicouse nas actividades do [[sionismo]] [[Lingua hebrea|hebreo]], e nesa época comezou a escribir e traducir en [[Lingua xudeoespañola|xudeoespañol]], a lingua principal dos sefardís en Xerusalén e no conxunto do  [[Imperio Otomán]], publicando en [[Revista literaria|revistas literarias]].
 
No ano 1898 estableceu a librería Sayich, e estivo entre os pioneiros en distribuír literatura secular na cidade. En [[1901]], xunto con Taragan Ben-Siyón fundou a revista bisemanal ''Güerta de Yerushaláyim'' , un anuario que se mantivo durante undous anoanos, e onde se publicaron colectáneas de traducións de novelas europeas. En [[1904]] mercou xunta Taragan a [[Impresión|imprenta]] de [[Eliezer Ben-Yehuda]], converténdose en editor dos periódicos dirixidos por Ben-Yehuda ''HaZvi'' e ''Haskafa'' e do primeiro volume do seu dicionario. Ao ano seguinte Taragan marchou a [[Exipto]] e Salomon quedou como único propietario da imprenta. En 1909 fundou o xornal ''El Paradiso'' que se publicaba en tres edicións: hebreo, xudeoespañol e [[Lingua yiddish|yiddish]].
 
Como editor foi un dos primeiros en publicar literatura secular en Xerusalén, a maioría dos libros editados fórono en xudeoespañol, converténdose canda Moshé Azriel no principal editor de libros ladinos na cidade. A produción da súa casa editorial consistía basicamente en novelas e historias que se publicaran serializadas na prensa de Esmirna, propiedade de Alexandre Ben Guiat, e na súa maioría eran traducións da mellor literatura internacional. Amais tamén imprimiu literatura hebrea secular e rabínica.