Stieg Larsson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Moedagalega (conversa | contribucións)
*pantexarse > considerar a pisbilidade de.
Liña 11:
 
==Serie ''Millenium''==
Stieg Larsson comezou a escribir novelas policiacas coma un ''hobby''<ref name=Vidaeobra/> en 2001<ref name ="serielarsson">[http://www.serielarsson.com/autor.php Páxina sobre a triloxía Millenium]</ref> (escribía polas noites compaxinando así o seu pasatempo co seu traballo). Nun primeiro momento plantexouseconsiderou, xunto co periodista Kenneth A. (da axencia de noticias TT), a posibilidade de escribir unha historia sobre os personaxes de [[Hernández e Fernández]], d'''As aventuras de Tintín''. Máis tarde tentou plasmar como se manexaría na sociedade actual a famosa ''Pipi Calzaslargas'', creada pola escritora sueca ''Astrid Lindgren'': así xurdiu un dos protagonistas da súa trioloxía, a investigadora ''Lisbeth Salander''<ref name ="serielarsson"/>. Coma contrapunto, creou outro personaxe máis equilibrado, o periodista Mikael Blomkvist (cuxo nome lembra ao doutro personaxe de Lindgren, o neno detective ''Kalle Blomkvist''). A partir de aí creou o resto de personaxes da serie, denominada ''Millenium'' en referencia ao nome da revista na que traballa Blomkvist.
 
Cando rematou o segundo volume da serie, e tendo xa deseñada a trama do terceiro, pasoulle un manuscrito a un amigo editor. Faleceu en 2004, dun ataque ao corazón, días despois de entregarlle ao seu editor o terceiro volume da serie e pouco antes de que se publicara o primeiro<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/Nueva/entrega/enigma/Larsson/elpepicul/20081115elpepicul_1/Tes Artigo de "El País"]</ref>. Non chegou por tanto a ver publicada a súa obra, e a súa repentina morte truncou o seu plan de continuar a serie: tal e como afirma o seu círculo máis próximo o escritor estaba a traballar no próximo volume, que era en realidade o quinto da saga (xa que o cuarto destruíuno por non quedar plenamente satisfeito con el) <ref>[http://www.lavanguardia.es/lv24h/20090618/53724972459.html Artigo sobre o autor en "LaVanguardia.es"]</ref>.