Maria Stuarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Moedagalega (conversa | contribucións)
*pantexarse > considerara posibilidade de.
 
Liña 30:
Como moitas outras óperas da época, ''Maria Stuarda'' tivo problemas coa censura. Donizetti compúxoa por encargo do [[Teatro San Carlo]] de [[Nápoles]]. Mais durante os ensaios, en [[1834]], recibiu a orde de trocar o texto para eliminar calquera referencia á disputa entre Isabel de Inglaterra e María Estuardo, e a execución da ópera. A corte de Nápoles era daquela a máis conservadora de [[Europa]].
 
O tema está baseado nas vidas de María, Raíña de Escocia, e a súa curmá Isabel I de Inglaterra. Ao prohibir o rei a representación da ópera, Donizetti respondía sacando anacos da súa composición para empregalos nun traballo posterior, ''[[Buondelmonte]]''. A [[soprano]] [[María Malibrán]] forzou unha estrea no Teatro alla Scala ignorando a revisión censurada, mais Milán reforzaba a prohibición. Dándose de conta da imposibilidade de continuar a súa carreira en [[Italia]], plantexouseconsiderou unhaa posibilidade dunha estrea en [[Londres]], mais a morte de Malibrán (á idade de 28 anos) en [[1836]] anulou o proxecto. Coa excepción dunhas cantas producións da versión ''Buondelmonte'', a obra ficou esquecida ata [[1958]], cando unha produción de [[Bérgamo]], a cidade natal de Donizetti, levaba o traballo orixinal á popularidade.
 
En [[1866]], ''Maria Stuarda'' volveu ao [[Teatro San Carlo]], desta volta co seu libreto orixinal; a [[dinastía Borbón]] xa non reinaba na cidade.