Aleksander Majkòwsczi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Aleksander Majkòwsczi naceu no seo dunha familia labrega en Kòscérzëna, entón denominada oficialmente Berent e localizada no ano do seu nacemento na [[provincia de Prusia]]<ref>En 1878 a súa localidade natal pasou a formar parte da nova provincia de Prusia Occidental</ref> do [[Reino de Prusia]]. Foi á escola na súa localidade natal e logo pasou ao centro alemán da localidade para seguir a súa educación secundaria en alemán. Recibiu unha bolsa de estudos dunha asociación de axuda ao estudo de Chełmno e despois continuou a súa educación en Chònice, vivindo en réxime de internado, foi nesa época que adquiriu fondos coñecementos da literatura e historia polaca. En 1895 rematou a educación secundaria e volveu á súa cidade natal.
En [[1897]] comezou a estudar medicina en [[Berlín]] e en  [[1899]]  publicou en [[Gdańsk]] o seu primeiro libro en caxubio, a sátira co título de ''Jak w Koscérznie koscelnygo obrele abo Pięc kawalerów a jedna jedyno brutka '' mais tamén nese ano publicou o poema longo en polaco ''Pielgrzymka wejherowska''. En [[1900]] trasladouse a Greifswald para continuar a carreira e alí entrou en contacto cunha pequena organización socialista polaca, Zet, e ao ano seguinte coa asociación de estudantes „Adelphia”, que tiña tamén un forte contido político. Polas súas actividades tivo que deixar a universidade e continuar os seus estudos en Múnic. A partir de [[1902]] participou nas actividades da Asociación de Estudantes Polacos e fundou a sociedade Vistula. rematando a licenciatura de medicina en 1903.