Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
avoa
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Arranxos
Liña 10:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:As Foucellas Mesía.jpg|250px|miniatura|As Foucellas, Mesía.]]
Nacido no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], do que tomou o alcume, na parroquia de [[Cabrui, Mesía|Cabrui]], [[Mesía]]. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería<ref>http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular</ref>, trasladouse a [[León, España|León]] para traballar nas minas de carbón de Fabero, [[Ponferrada]]. En 1934 foi vivir a Curtis cacoa súa nai e traballar na madereira Torres de [[Curtis]] en xullo de 1936.
 
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en [[Bodeus, Santa María de Lurdes, Curtis|Bodeus]], nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, [[Manuel Calvelo]], quen xunto coa súa muller [[Isabel Ríos]], en 1934 dirixían a célula comunista de [[Curtis]], chamada ''Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis'', coa que simpatizaba Foucellas. A súa irmá Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil.
Liña 16:
Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a [[guerra civil]] enrolouse nunha columna que se dirixía á [[A Coruña|Coruña]], para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en [[Fisteus, Curtis|Fisteus]] e noutra de dinamita na [[estación de Teixeiro]] e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de [[difteria]] e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
 
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola [[Garda Civil]], púxose á fronte, sobre o ano [[1941]], dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de [[Sobrado|Sobrado dos Monxes]] e [[Arzúa]], formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en [[Galicia]]. O 15 de marzo de 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel López Bello, en Curtis. Días despois Foucellas resulta ferido coa súa propia arma indo acabaloa cabalo. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a [[Estadio Municipal de Riazor|Riazor]] ver o [[Deportivo da Coruña|Deportivo]] vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. En [[1947]] parte para [[Pontevedra]], para organizar a Vª Agrupación<ref name=":0" />, da que foi o principal combatente. En outubro de [[1949]] escapa a unha emboscada da [[Garda Civil|Garda Civi]]<nowiki/>l tendida a [[Riqueche]], xefe do destacamento ''Cortizas''.
 
A súa familia sufriu o acoso das autoridades. A súa muller e a súa tía foron encadeadas logo de que se lles atopase unha carta de Foucellas. Cando morreu a súa muller desterrada en [[Valladolid]], a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa a ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2008/10/23/galicia/1224757104_850215.html|xornal=El País|data=23 de outubro de 2008|lingua=es|título=Homenaje al mito guerrillero}}</ref> Con 16 anos trala morte da súa avoa exilouse en París.
 
[[Ficheiro:Fusil de Foucellas no Museo Militar da Coruña.jpg|miniatura|Mauser de Foucellas modelo 1910 e calibre 7, no Museo Militar da Coruña.]]