Movemento Galego ao Socialismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Liña 31:
Ademais, neste período, o MGS mantén unha importante presenza na [[Confederación Intersindical Galega]], onde participa da maioría sindical; así como no movemento xuvenil a través da organización [[Isca (política)|Isca!]] e en diversos movementos sociais.
 
En febreiro de [[2010]] o MGS realiza a súa presentación formal durante o seu I Encontro Nacional, que se celebra no concello de [[Teo]]<ref>{{Cita novas|autor = |data = |título = Movemento Galego ao Socialismo se establecerá como partido en el BNG para ser referente "marxista e independentista"|url = http://www.20minutos.es/noticia/620637/0/|dataacceso = |xornal = 20 Minutos|lingua = español}}</ref>. Nese encontróencontro, a militancia fixou oficialmente a posición do MGS ao avogar polo carácter [[asemblearismo|asembleario]], por unha estratexia de nacionalismo emancipador e polos postulados da esquerda transformadora. Ademais, escolleu unha Coordenadora Nacional encargada de dirixir a organización de xeito provisional até a celebración dunha asemblea.
 
En xaneiro de [[2012]] o BNG celebra a súa XIII Asemblea Nacional, onde o MGS presenta unha lista, encabezada de novo por Vilar<ref>{{Cita novas|autor = |data = |título = Movemento Galego ao Socialismo presentará unha terceira candidatura no BNG|url = http://elprogreso.galiciae.com/gl/noticia/125132/movemento-galego-ao-socialismo-presentara-una-tercera-candidatura-en-el-bng|dataacceso = |xornal = El Progreso}}</ref>. A votación do Consello Nacional deparou 248 votos para o MGS (5 %), fronte os 2.164 (48 %) que obtivo a [[Alternativa pola Unidade]], iniciativa da [[Unión do Povo Galego|UPG]], e os 2.026 (45 %) que obtiveron [[Máis Galiza]] e o [[Encontro Irmandiño]] <ref>{{Cita novas|autor = |data = |título = Jorquera será el próximo candidato a la Xunta del BNG|url = http://www.farodevigo.es/galicia/2012/01/29/jorquera-sera-proximo-candidato-xunta-bng/619154.html|dataacceso = |xornal = Faro de Vigo|idioma = español}}</ref>. Na Asemblea reelíxese a [[Guillerme Vázquez]] como Portavoz Nacional e escóllese a [[Francisco Jorquera]] como candidato á presidencia da [[Xunta de Galicia|Xunta]], que contou co voto favorábel do MGS, que mantivo o seu posto na Executiva. Ademais, o MGS presentou unha emenda para o retorno do BNG ao [[asemblearismo]] <ref>{{Cita novas|autor = |data = |título = El edil en Santiago Rafael Vilar encabezará una tercera lista para la asamblea del BNG|url = http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/22/galicia/1327229282.html|dataacceso = |xornal = El Mundo|lingua = español}}</ref>, que foi aprobada, co que se modificou o funcionamento do máximo organismo de decisión da fronte, e un voto particular con propostas programáticas alternativas, que foi transaccionado<ref>{{Cita web|url = http://bng.gal/blog/2013/03/17/luz-verde-ao-informe-de-xestion-do-bng/|autor = |título = Luz verde ao informe de xestión do BNG|dataacceso = }}</ref>.