Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
 
Compete, así mesmo, á CCDR-N a xestión de programas comunitarios procedentes de fondos da [[Unión Europea]] destinados a [[Portugal]] e doutros instrumentos de financiamento do desenvolvemento rexional,<ref name=P>[http://www.ccdr-n.pt/node/418 Presentación da CCDRN].</ref> dos que son exemplo os incentivos do Estado aos medios de comunicación social de nivel local e rexional. Entre as súas atribucións está tamén a misión de protexer, conservar, valorizar, divulgar e promover a Paisagem Cultural, Evolutiva e Viva do Alto Douro Vinhateiro, [[Patrimonio Mundial]] da [[UNESCO]].<ref name=P>[http://www.ccdr-n.pt/node/418 Presentación da CCDRN].</ref>
 
== Historia ==
{{Copyvio|1=http://www.ccdrn.pt/institucional/apresentacao/historia}}
[[Ficheiro:Map Portugal.svg|miniatura|170px|Áreas de actuación das CCDR]]
Formalmente constituída en [[1969]], a CCDR-N (entón denominada Comissão de Planeamento Regional) asumiu a misión de promover a articulación das políticas públicas sectoriais cunha visión territorial do desenvolvemento. Nunha primeira fase, e até [[1974]], o desempeño desa misión innovadora caracterízase por unha acción consultiva e de acompañamento dos plans de desenvolvemento rexional. A existencia e consolidación da administración local pasou entón a constituír outro obxectivo decisivo, en función do cal a actualmente denominada CCDR-N orientou a súa acción, en particular, no apoio técnico ás autoridades locais. É nese contexto no que xorden os Gabinetes de Apoio Técnico, cuxa institución formal ocorre en [[1979]]. Nese ano, as CPR pasan a designarse Comissões de Coordenação Regional (CCR) e son definidas as actuais cinco áreas de intervención xeográfica:<ref name=H/>
* CCDR Norte - Sede en Porto
* CCDR Centro - Sede en [[Coímbra]]
* CCDR Lisboa e Vale do Tejo - Sede en [[Lisboa]]
* CCDR Alentejo - Sede en [[Évora]]
* CCDR Algarve - Sede en [[Faro, Portugal|Faro]]
[[Ficheiro:LocalRegiaoNorte.svg|miniatura|esquerda|170px|Localización da Rexión Norte de Portugal.]]
 
A adhesión de Portugal á actual [[Unión Europea]], en [[1986]], marcou profundamente a vida da CCDR-N. Nese ano, coñeceu novas capacidades de actuación no contexto xeral da coordinación das medidas de interese para o desenvolvemento. É o caso das competencias de [[ambiente]] e [[ordenación do territorio]], que foron transferidas á Direção Regional de Ambiente e Ordenamento do Território do Norte (DRAOT-N), da xestión de programas financeiros nacionais e comunitarios e da cooperación.<ref name=H/>
 
En [[2003]], nun acto que é considerado "refundador" das Comissões de Coordenação, a Comissão de Coordenação da Região Norte (CCRN) e a DRAOT-N fúndense, dando orixe á CCDR-N. Xa en [[2007]], e no ámbito do Programa de Reestruturação da Administração Central do Estado, foron publicados novos textos legais de encadramento e definición das atribucións e competencias da CCDR-N, en canto organismo descentralizado do Ministerio do Ambiente, do Ordenamento do Territorio e do Desenvolvimento Rexional.<ref name=H/>
 
Como resultado da súa aplicación, a CCDR-N integrou o Conselho de Coordenação Intersectorial, un novo órgano destinado a promover a coordinación das políticas da administración central, a escala da rexión, e a dinamizar a articulación dos servizos públicos descentralizados. Por outro lado, foron transferidas as competencias exercidas sobre o dominio hídrico e determinada a extinción dos ''Gabinetes de Apoio Técnico''.<ref name=H>[http://www.ccdrn.pt/institucional/apresentacao/historia CCDR-N. Historia].</ref>
 
[[Ficheiro:Eurorregión Galicia Norte de Portugal.png|miniatura|170px|Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.]]
 
== Relacións con Galicia ==