Domingo Fontán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo redireccións
Liña 3:
|cónxuxe = Manuela Ribas y Gómez
}}
'''Domingo Fontán Rodríguez''',<ref name="DEGU">{{Cita enciclopedia |artigo=Fontán Rodríguez, Domingo |enciclopedia=[[Diccionario enciclopédico galego universal]] |ano=2003-2004 |volume=28 |páxina=94 |editorial=''[[La Voz de Galicia]]'' |id=ISBN 84-7680-429-6 }}</ref><ref name="DBDG">{{Cita libro |artigo=Fontán Rodríguez, Domingo |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=2 |páxina=107 |editorial=[[Ir Indo Edicións]] }}</ref><ref name="DS21">{{Cita enciclopedia |artigo=Fontán Rodríguez, Domingo |enciclopedia=[[Diciopedia do século 21]] |volume=2 |páxina=924 |ano=2006 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Edicións do Castro|do Castro]] |id=ISBN 978-84-8288-942-9}}</ref><ref name="EGU">{{Cita enciclopedia |artigo=Fontán Rodríguez, Domingo |enciclopedia=[[Enciclopedia Galega Universal]] |ano=1999-2002 |volume=9 |páxina=225 |editorial=[[Ir Indo]] |id=ISBN 84-7680-288-9}}</ref> nado en [[Porta do Conde, Portas, Portas|Porta do Conde]] ([[Portas]]) o [[17 de abril]] de [[1788]]<ref name="GEG">{{Cita enciclopedia |autor=Méndez Martínez, Gonzalo |url-capítulo=https://es.scribd.com/document/333113639/Domingo-Fontan-Rodriguez-Gran-Enciclopedia-Galega |artigo=Fontán Rodríguez, Domingo |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega]] |tipo=[[DVD]] |ano=2005 |id=ISBN 84-87804-88-8 }}</ref><ref name="APUNTES">[http://www.fundaciondomingofontan.es/domingo-fontan.html "Apuntes biográficos"] Fundación Domingo Fontán {{Es}}.</ref> e finado en [[Cuntis]] o [[24 de outubro]] de [[1866]],<ref>{{Cita web|url=http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXDSP.fmt&DOCS=10-10&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%28FONT%C3%A1N%29.ALL.|páxina-web=congreso.es|título=Ficha no Congreso|data-acceso=08-11-2017}}</ref> foi un ilustrado galego, xeógrafo, matemático, político e empresario, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro [[mapa]] topográfico científico de [[Galicia]], a [[Carta Xeométricaxeométrica de Galicia]]. Foi secretario da [[Deputación Provincial de Galicia]], director do [[Real Observatorio de Madrid|Observatorio Astronómico de Madrid]], [[deputado]] en Cortes e presidente da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago|Real Sociedade de Amigos do País de Santiago]]. Os seus restos están no [[Panteón de Galegos Ilustres]].<ref name="XEMA">Xema Aguiar: [https://web.archive.org/web/20110827013233/http://www.galiciae.com/nova/11263.html "Domingo Fontán, el ilustre olvidado"], ''[[Galiciaé]]''. 20/5/2008.</ref>
 
== Traxectoria ==
De [[Familia (socioloxía)|familia]] acomodada, os seus pais foron Rosendo Fontán Oliveira e Sebastiana Rodríguez Blanco. Foi o segundo de cinco irmáns, dous homes e tres mulleres. Domingo e Andrés, o seu irmán máis vello, foron educados por un tío materno, cura [[sacerdote|párroco]] en [[Noia]].<ref name="TORO">[[Suso de Toro]]: [http://elpais.com/diario/2011/04/01/galicia/1301653104_850215.html "Domingo Fontán, matemático sublime"] ''[[El País]]'', 1/4/2011.</ref>
 
Pasou boa parte da súa vida vencellado á [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde primeiramente cursou os estudos de [[Filosofía]], matriculándose ao longo dos anos en Leis e Cánones, [[Ciencias exactas]] e [[Teoloxía]] e foi discípulo de [[Xosé Rodríguez González|José Rodríguez González]], "o matemático de [[Bermés, Lalín|Bermés]]". En [[1811]] comezou a súa carreira de profesor como substituto do catedrático de [[Retórica]] e durante o curso [[1813]]-[[1814|14]] substituíu o titular da cátedra de [[Lóxica]] e [[Metafísica]]. Foi procesado pola [[Real Audiencia de Galicia|Real Audiencia]] en 1814; en 1815 restituíronlle os seus dereitos.<ref name="APUNTES"/>
 
En [[1817]] comezou os seus traballos de medición para realizar a [[Carta xeométrica de Galicia]], labor ao que consagrou dezasete anos da súa vida e polo que é lembrado hoxe en día. Durante o [[Trienio liberal]] foi secretario da Deputación Provincial de Galicia. En [[1834]] rematou os traballos da carta e presentouna oficialmente á Raíña Gobernadora, [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]], quen mandou imprimila, se ben non se puido realizar esta tarefa ata o ano [[1845]] en [[París]].<ref name="APUNTES"/> Este foi o primeiro [[mapa]] realizado en [[España]] con métodos científicos e medicións [[matemáticas]].
 
Foi elixido deputado polo [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] pola [[provincia de Pontevedra]] en [[1837]], ocupando este posto ata [[1843]], ano no que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos [[Foro (contrato)|foros]] e na loita contra o [[caciquismo]]. Non obstante, o seu [[liberalismo]] valeulle a perda da súa cátedra universitaria até en dúas ocasións.<ref>[[Miguel-Anxo Murado]] (2008). ''Otra idea de Galicia'', p. 11. Debate. ISBN 978-84-8306-771-0.</ref> Foi [[bibliotecario]] primeiro e presidente despois (de 1860 a 1861) da [[Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago]].<ref name="ECONOMICA">[http://www.economicadesantiago.org/ficha.aspx?id=148 Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago]
</ref>
 
Tivo parte, por [[herdanza]], nunha fábrica de [[papel]] no [[O Castro, Lousame, Lousame|Castro]], [[Lousame]], que en [[1863]] chegou a ser enteiramente da súa propiedade.<ref name="POLIFACETICO">[http://www.fundaciondomingofontan.es/fontan-polifacetico.html "Fontán polifacético"] Fundación Domingo Fontán {{Es}}.</ref><ref name="BUXA">[http://www.asociacionbuxa.com/2010/01/domingo-fontan/ Asociación Galega do Patrimonio Industrial] 31/1/2010 {{Es}}.</ref> Traballou tamén no deseño do trazado da primeira [[Vía férrea|liña férrea]] de Galicia en [[1858]], que uniu [[Santiago de Compostela]] con [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]], proxecto aprobado polas [[Cortes EspañolasXerais|Cortes]] en [[1861]], e que non foi inaugurado ata dez anos despois.
[[Ficheiro:Plano de la Ría de Arosa por Domingo Fontán año de 1828.JPG|miniatura|<center>''PLANO DE LA [[Ría de Arousa|RÍA DE AROSA]]<br />por<br />el D.<sup>r</sup>D. Domingo Fontán<br />año de 1828.''<br /> (o [[norte]] está á esquerda).</center>]]
Finou nun [[balneario]] en [[Cuntis, Cuntis|Cuntis]], por mor dunha [[cistite]] aguda.<ref name="APUNTES"/> Os seus restos foron soterrados no [[cemiterio]] xeral de Santiago e, o [[30 de decembro]] de [[1988]], trasladados ao chan do [[Panteón de Galegos Ilustres]], na igrexa do [[convento de San Domingos de Bonaval]].<ref name="CINZAS">[[Xosé Lois Vila Fariña]]: [https://historiadeportas.wordpress.com/as-suas-cinzas/ "As súas cinzas"]</ref>
 
== Na cultura popular ==
Levan o seu nome rúas de varias cidades: Santiago de Compostela, [[Pontevedra]], [[A Coruña]], [[Ourense]], [[Poio]] e [[Madrid]]. En 2015 a [[Editorial Galaxia]] publicou a novela de [[Marcos Calveiro|Marcos S. Calveiro]], ''Fontán'', baseada na súa vida.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/01/27/novela-reivindica-figura-fontan-papel-da-ciencia/0003_201601S27C10991.htm "«A novela reivindica a figura de Fontán e o papel da ciencia»"] ''La Voz de Galicia'', 27/1/2016.</ref>
 
== Galería de imaxes ==