Oroxenia alpina: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 4:
A '''oroxenia alpina''' ou '''oroxénese alpina''' (ás veces tamén se usa o termo '''oroxenia alpídica''' ou ciclo alpídico cun significado máis xeral e xeograficamente menos concreto<ref>Francisco Anguita Virella. Origen e historia de la Tierra. Editorial Rueda. . 1988. Páxina 452 e ss. ISBN 84-7207-052-2.</ref>) é un proceso [[oroxenia|oroxénico]] (de formación de montañas) que tivo lugar no [[Mesozoico]] tardío (Eoalpino) e [[Cenozoico]], causado polo choque de continentes do sur contra os do norte (o que eran a Europa e Asia orixinais)<ref>Moores, E.M., Fairbridge, R.W. (Editors), 1998: ''Encyclopedia of European and Asian Regional Geology.'' Encyclopedia of Earth Sciences Series, London, 825 pp.</ref> Como resultado formáronse as montañas do chamado [[cinto alpídico]], que vai desde a península Ibérica a Indochina. Entre as montañas formadas neste cinto están, de oeste a leste, os [[Montes Atlas|Atlas]], o [[Rif]], a [[cordilleira Penibética]], a [[cordilleira Cantábrica]], os [[Pireneos]], os [[Alpes]] (que lle dan o nome á oroxenia), os [[Apeninos]], os [[Alpes Dináricos]], as montañas [[Pindo|Helénicas]] (Helénidas), os [[Cárpatos]], as montañas dos [[cordilleira dos Balcáns|Balcáns]], os [[Montes Taurus]], a [[meseta Armenia]], os montes do [[Cáucaso]], os [[Montes Elburz]], os [[Montes Zagros]], o [[Hindu Kush]], os [[cordilleira do Pamir]], o [[Karakorum]] e os [[Himalaias]].{{Citation needed|date=January 2018}} Con frecuencia utilízanse nomes específicos para a oroxenia que afectou á formación de cadeas montañosas concretas, como, por exemplo: [[oroxenia Carpatiana]] para os Cárpatos, oroxenia helénica para os montes Helénicos ou oroxenia do Himalaia para os Himalaias.
A oroxenia alpina ademais da formación do cinto de montañas mencionado, influíu tamén en zonas relativamente afastadas, creando unha serie de características relevantes. Por exemplo as [[Montañas de Galicia|montañas galegas]] e outras do macizo Hercínico, que son de orixe [[oroxénese herciniana|herciniana]] e estaban xa moi erosionadas, foron elevadas polos empurróns alpinos, que reactivaron as fallas e orixinaron macizos tectónicos. Tamén influíu en zonas de Inglaterra e Francia, por exemplo no [[anticlinal de Weald-Artois]].<ref>{{
A oroxenia alpina foi causada polo choque dos continentes do sur como [[África]] e [[India]] e a pequena [[placa de Cimeria]] e outras pequenas placas e microplacas contra [[Eurasia]], que estaba máis ao norte. Os movementos [[bordo converxente|converxentes]] entre estas [[placa tectónica|placas]] empezaron xa a inicios do [[Cretáceo]], pero as fases maiores de formación de montañas empezaron do [[Paleoceno]] ao [[Eoceno]]. O proceso non rematou, xa que continúa aínda hoxe nalgunhas cordilleiras alpídicas.
|