James M. Cain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-batir +bater, -convertir +converter, -debatir +debater, -pertenecer +pertencer, -temblar +tremer, -garantizar +garantir, -insertar +inserir, -posser +posuír, -reflexar +reflectir, -toser +tusir, -amortigua
Liña 1:
'''James Mallahan Cain''' naceu o 1 de xullo de 1892 e faleceu o 27 de outubro de 1977. Foi un escritor, xornalista e novelista norteamericano. Foi especialmente coñecido polas súas novelas de ambiente sórdido, englobadas dentro da novela negra, do que é un dos seus máximos representantes xunto a [[Raymond Chandler]] e [[Dashiell Hammet]].
 
Cain naceu nunha familía católica de orixe irlandesa en [[Annapolis]] ([[Maryland]]). Fillo dun eminente profesor e unha cantante de ópera, herdou o amor pola música da súa nai, pero a esperanza de converterse nunha estrela decaeu cando a súa nai lle dixo que a súa voz non era o bastante boa. Despois de graduarse no Washington College, en 1917 alistouse no exército para combatircombater en Francia no útlimo ano da [[Primeira guerra mundial]], e comezou a escribir para a revista da armada. De volta a Estados Unidos continuou co seu traballo de xornalista ata que comezou con obras de ficción.
 
A crítica puntualizou que a fórmula básica da maioría das obras de Cain son case sempre un home que cae por culpa dunha muller, convertíndose nun criminal e cómplice dela.