Tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 316:
 
==== O Parlamento Europeo decide ====
O [[22 de novembro]] de [[2012]] a [[Parlamento Europeo|Eurocámara]] aprobou, por 566 votos a favor, 47 en contra e 16 abstencións, a proposta da [[Comisión Europea]] de deixar de expedir permisos especiais ás flotasfrotas pesqueiras da [[UE]] (186 barcos, 141 españois e 45 portugueses) para desmembrar os tiburóns a bordo. "Hoxe gañan a comisaria de Pesca e as organizacións ecoloxistas. Perden os tiburóns e os pescadores da frota [[palangre]]ira comunitaria", declarou un portavoz de [[Cepesca]], que non ocultou a súa frustración pola decisión do Parlamento Europeo que, segundo calcula esta organización, obrigará á frota palangreira de superficie a asumir "perdas medias de 22 000 euros por barco e marea". Os armadores cren que os eurodeputados votaron a favor da medida convencidos de que esta é a única saída para erradicar o ''[[finning]]'', cando o certo é que a frota comunitaria non o practica; en primeiro lugar, porque está prohibido desde [[2003]] e, en segundo, porque a frota galega que pesca [[quenlla]] e [[marraxo]], aproveita todo, pois ten mercado tanto para as aletas como para o corpo destes tiburóns, e que o único que conseguiu foi prexudicar económica e laboralmente aos palangreiros de superficie galegos, pero no erradica o ''finnig'', que achacan a flotas asiáticas, ás que non afecta a normativa (a [[ICCAT]]<ref>Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico.</ref> rexeitou implantar a nivel global esta medida esta mesma semana) que agora estarán en mellores condicións máis vantaxosas para competir coas flotas galega e portuguesa. Pola
súa parte, para ''Ecologistas en Acción'' non cabe dúbida de que este día (22 de novembro de 2012) "foi un día histórico para a defensa doi tiburón, con moitas especies ameazadas, e un motivo de gran satisfacción para a organización, que leva anos exixindo estas medidas". Este grupo ecoloxista recorda que leva desde o [[2006]] traballando xunto coa ''[[Shark Alliance]]'' (rede de protección dos tiburóns) para cambiar a posición do Goberno español, "moi aliñado cos intereses da grande industria pesqueira".<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/11/23/golpe-flota-gallega-prohibirse-cortar-aleta-tiburon-bordo/0003_201211G23P43991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz Golpe a la frota gallega al prohibirse cortar la aleta de tiburón a bordo. La Eurocámara rechaza dar excepciones a los barcos españoles y lusos] Diario ''La Voz de Galicia'', 23/11/2012.</ref><ref>[http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/11/22/actualidad/1353614062_914027.html La UE blinda la prohibición de cortar las aletas de tiburones] Diario ''El País'' (España), 23/11/2012.</ref>