Diferenzas entre revisións de «Ernest Lawrence»

m
https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
m (https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran)
 
[[Ficheiro:Oppenheimer Fermi Lawrence.jpeg|miniatura|left|200px|De esquerda a dereita, [[Robert Oppenheimer]], [[Enrico Fermi]] e Ernest Lawrence.]]
En 1928 foi nomeado profesor asociado de física na [[Universidade de California]] e dous anos máis tarde conseguiu unha praza de profesor, o máis novo de Berkeley. Alí recibiu o sobrenome de "Atom Smasher" (destrozador de átomos); o home que "tiña a clave" da [[enerxía nuclear|enerxía atómica]]. "Quería facer 'física grande', o tipo de traballo que só podes facer a grangrande escala con moita xente involucrada" dixo [[Herbert York]], o primeiro director do laboratorio Lawrence Livermore, como se di na páxina oficial do laboratorio.
 
A invención que lle reportou fama mundial partiu dun esbozo nun anaco de papel. Mentres estaba sentado na biblioteca unha tarde, Lawrence ollou un artigo e quedou intrigado ao ver un dos diagramas. A idea era producir as partículas de moi alta enerxía necesarias para a desintegración atómica mediante unha sucesión de "empuxóns" pequenos. Lawrence díxolles aos seus colegas que atopara un método para obter partículas de moi alta enerxía sen necesitar altas voltaxes.
11.916

edicións