Sabela de Hungría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro (2), {{cite web → {{Cita web
Liña 12:
| lugar de beatificación =
| beatificado por =
| data de canonización = 27 de maio de 1235<ref>{{citeCita booklibro |url=https://books.google.com/books?id=uSdkRzfiBKYC&pg=PA4 |title=The Life and Afterlife of St. Elizabeth of Hungary: Testimony from her Canonization Hearings|editor1-first=Kenneth Baxter|editor1-last=Wolf |publisher=[[Oxford University Press]] |page=x |date=24 de novembro de 2010 |accessdate=22 de decembro de 2013 |isbn=9780199732586}}</ref><ref>{{citeCita booklibro |url=https://books.google.com/books?id=ly7BPdXqI4kC&pg=PR6 |title=The life of Saint Elizabeth of Hungary, Dutchess of Thuringia|author-link1=Charles Forbes René de Montalembert|editor1-last=Hackett|editor1-first=Mary |publisher=Books.google.com |date=1848 |accessdate=22 de decembro de 2013 |page=244}}</ref><ref>{{citeCita web |author=Paolo Bonavoglia |url=http://astro.bonavoglia.eu/english/calendarmonth.phtml?JD=2172277 |title=Perpetual calendar |publisher=Astro.bonavoglia.eu |accessdate=22 de decembro de 2013}}</ref>
| lugar de canonización = [[Perugia]], [[Estados Pontificios]]
| canonizado por = [[Gregorio IX, papa|Gregorio IX]]
| santuario principal =
}}
Santa '''Isabel de Hungría''' (en [[Lingua húngara|húngaro]]: ''Szent Erzsébet'', en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Elisabeth von Thüringen''), nada en [[Pozsony]], [[Reino de Hungría]] o [[7 de xullo]] de [[1207]] e finada en [[Marburgo]], [[Landgrave|Landgraviato]] de [[Turinxia]] o [[17 de novembro]], [[1231]], foi filla do rei [[Andrés II de Hungría|Andrés II]] ''o [[Xerusalén|Hierosolimitano]]'' (1175–1235) e a súa muller [[Xertrudis de Merania|Xertrudis de Andechs-Merania]] (asasinada en 1213). Isabel quedou viúva sendo aínda nova, dedicou a súa riqueza aos pobres, construíu hospitais e alí atendeu persoalmente aos necesitados. A partir da súa canonización en [[1236]] converteuse nun símbolo de caridade cristiá para toda Europa, estendéndose o seu culto moi rapidamente e profundamente desde os territorios xermánicos, polacos, húngaros, checos, até os italianos, ibéricos e franceses.
 
== Traxectoria ==
Isabel naceu en [[1207]], froito do matrimonio entre o rei [[Andrés II de Hungría]] e a súa esposa [[Xertrudis de Merania]]. A súa nai era irmá da relixiosa que posteriormente será coñecida como [[Eduviges de Andechs|santa Eduviges de Silesia]]. Isabel creceu na corte húngara xunto aos seus irmáns os príncipes [[Béla IV de Hungría|Béla]], [[Colomán, príncipe real húngaro|Colomán]] e [[Andrés de Galitzia|Andrés]]. En [[1215]] o seu pai tomou unha nova esposa dous anos despois do asasinato da súa nai, e naceu unha única filla, [[Violante de Hungría]] (a posterior esposa do rei [[Xaime I de Aragón]]). En [[1221]] Isabel casou co [[landgrave]] [[Luís de Turinxia-Hesse]] e segundo os rexistros e lendas, o matrimonio estivo caracterizado por un amor correspondido e felicidade. A Luís non lle preocupaba demasiado a repartición da súa riqueza entre os pobres que Isabel adoitaba levar a cabo, xa que cría que o labor caritativa da súa esposa traeríalle unha recompensa eterna; venéralla en [[Turinxia]] como santa. Luís foi un aliado próximo e defensor acérrimo dos [[Dinastía Hohenstaufen|Hohenstaufen]], e en particular do emperador xermánico Federico II, polo cal na primavera de [[1226]], cando Turinxia viuse arrasada por inundacións, fame e unha [[Praga (agricultura)|praga]], Luís representou a [[Federico II Hohenstaufen|Federico II]] na [[Dieta de Cremona]]. Nesta ocasión, Isabel asumiu o control dos seus asuntos e repartiu esmolas por todo o seu territorio, incluso dando vestidos e adornos da corte aos pobres. Debaixo do castelo de Wartburgo, fixo construír un hospital con 28 camas, e visitaba todos os días aos enfermos para atendelos. Nesa mesma época, o [[Inquisición|inquisidor]] [[Konrad von Marburg]] converteuse no seu director espiritual.
 
A vida de Isabel cambiou radicalmente cando Luís morreu por mor da praga o [[11 de setembro]], [[1227]], en Otranto, [[Italia]] cando se dirixía a unirse á [[Sexta Cruzada]] conducida por Federico II. Poucos días despois, o [[29 de setembro]], Santa Isabel deu a luz á súa filla, a beata [[Xertrudis de Altenberg]], a cal foi enviada a un claustro das monxas Premonstratenses xunto a Wetzlar, onde foi criada como relixiosa e morreu a unha idade avanzada como abadesa en [[1300]].
 
Isabel morreu en Marburgo, ben debido a esgotamento físico ou a unha enfermidade, cando contaba só 24 anos de idade. Foi canonizada polo papa [[Gregorio IX, papa|Gregorio IX]] en [[1235]], achándose presente na cerimonia o propio emperador [[Federico II Hohenstaufen]]. A súa carta papal pode verse no ''Schatzkammer'' da Deutschordenskirche en Viena, Austria. O día de [[Pentecostés]] (28 de maio) do ano 1235, durante a cerimonia de canonización, chamoulla "a muller máis grande da Idade Media alemá". O seu corpo colocouse sobre un magnífico altar dourado — que hoxe aínda pode visitarse — na ''Elisabethkirche'' (Igrexa de Santa Isabel, en alemán) en Marburgo. Agora é unha igrexa protestante, pero conta con espazos reservados á fe católica. Marburgo converteuse no centro da [[Orde Teutónica]], que adoptou a Santa Isabel como a súa segunda patroa. A Orde permaneceu en Marburgo ata que [[Napoleón I de Francia]] disolveuna en [[1803]].
Liña 46:
=== Representacións ===
[[Ficheiro:Rosenwunder.jpg|dereita|miniatura|325x325px|Santa Isabel de Hungría. Pintura do domo de Beschreibung, Quelle de 1525.]]
Santa Isabel adóitase representar comunmente como unha dama vestida con roupaxes reais e coroa cargando un cesto cheo de rosas. Isto é unha alegoría ao milagre das rosas que ocorreu cando estaba a obsequiar pan aos pobres e foi sorprendida polo seu cuñado Conrado de Turinxia. Para que non tivese que mentir, ou fose castigada polo nobre xermánico, segundo a lenda Deus fixo converter o contido do cesto en rosas.
 
Igualmente é común achar representacións de Santa Isabel, onde está rodeada de xente pobre ou enferma, aínda que case como motivo fixo áchase o cesto cheo de rosas ou de hogazas de pan.
Liña 59:
 
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Finados en 1231]]
[[Categoría:Muller]]