Pan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 38:
O pan foi o alimento básico da humanidade desde a [[prehistoria]]. Algúns autores imaxinan os inicios do pan; podería ser unha masa de grans semimoídos e lixeiramente humedecida, que se tería cocido ao sol sobre unha pedra quente ou simplemente terse deixado abandonada a carón do [[lume]], ou doutra fonte de calor diversa.<ref name="Bernard"/> Probablemente, os primeiros pans estarían feitos con fariñas de [[landra]]s. Os arqueólogos desenterraron fragmentos de pan [[ácimo]] nas escavacións de poboados preto dos lagos suízos. Sábese que os [[Exipto antigo|exipcios]] elaboraban pan dende moi antigo, e deles datan tamén as primeiras evidencias arqueolóxicas da utilización de fermento no pan así como o emprego de fornos. Crese que descubriron a [[fermentación]] por casualidade.<ref name="Six"/> O pan para os exipcios era tan importante que se consideraba como unha [[moeda]] para pagar os [[salario|xornais]].
 
En [[Roma]], durante a [[República Romana|República]] xa había fornos públicos. Para os [[Lexionario|lexionarios romanos]] o pan era un alimento habitual e era corrente que a súa dieta fose en gran medida [[oliva]]s e pan. Entregábanselles tres [[Libra (unidade de masa)|libras]] de [[trigo]] ao día, que trituraban nun [[muíño]] de man compartido por un grupo limitado de soldados. Nalgunhas rexións que non formaban parte do imperio como [[Gastronomía de Alemaña|Alemaña]] ou [[Gastronomía de Suecia|Suecia]], algúns habitantes que combateran no exército romano adoptaban o consumo de pan, e de aquí estendíase a sectores da poboación. O seu nome provén do latín ''pannus'' o que significa masa branca. Este gran consumo de pan durante o [[Imperio romano]] implicou a grangrande importancia que tivo o cultivo e comercio do trigo.<ref name="Naum">{{cita libro|apelidos=Naum|nome=Jasny|título=The Daily Bread of the Ancient Greeks and Romans|ano=1950|editorial=Osiris|localización=9:227|lingua=inglés}}</ref>
 
Coa caída do Imperio romano produciuse un desabastecemento de trigo en case toda [[Europa]], que xa se afixera de xeito masivo ao seu consumo. As exportacións cara ao norte desapareceron por completo. Proba da ampla difusión do pan nesa época é a palabra [[lingua inglesa|inglesa]] "lady", que significa en inglés antigo "a persoa que amasa o pan".<ref>{{cita libro|apelidos=Carson I.A.|nome=Ritchie|título=[[Comida y civilización]]|edición=4.ª|editorial=[[Alianza Editorial]]|lingua=español|isbn=8420602140}}</ref> En [[Escandinavia]], ante a escaseza de trigo, a poboación tivo que afacerse a elaborar pans de [[centeo]] e de [[cebada]], sendo corrente que se lle engadise á masa [[casca]] de [[piñeiro]] moída.
Liña 372:
|autor = Food and Agriculture Organization of the United Nations
|data= 2013
|isbn= 978-92-5-107417-6}}</ref> (tense que compensar coa inxesta doutros alimentos, como pode ser [[legume]]s). Posúe por regra xeral poucos contidos graxos, case sempre [[ácido oleico]] e [[ácido linoleico|linoléico]]. Entre os [[micronutriente]]s que posúe o pan atopanse algunhas trazas de [[calcio]] (debido ao uso de [[leite]] que se fai na elaboración industrial actual), [[ferro]] (é unha grangrande achega deste mineral), [[selenio]], [[potasio]], [[fósforo (elemento)|fósforo]]. O pan que ten unha fariña con [[microorganismo|xerme]] posúe dúas [[vitamina]]s do grupo [[Vitamina B|B]] e que son a: [[vitamina B1|tiamina]] (que favorece a saúde no [[sistema nervioso]]) e a [[vitamina B3|niacina]] (que prevén a [[pelagra]]). O pan posúe tamén [[ácido fólico]] e unha certa cantidade de [[carotenoide]]s (aínda que pouca cantidade xa que foron reducidos durante a fase de mestura na elaboración do pan).<ref name="Leenhardt"/> Contén un 40&nbsp;% de auga (a [[pasta]] cocida chega a un 60&nbsp;%).<ref name="foodQ">{{cita libro|apelidos=M.de Man|nome=John|título=Principles of Food Chemistry (Food Science Texts Series)|edición=3.ª|ano=1999|editorial=Springer|idioma=inglés|isbn=083421234X}}</ref>
 
Os pans de fariñas pouco refinadas son as que achegan unha maior cantidade de [[fibra alimentaria|fibra]] á dieta humana, non obstante o consumo de pan adoita ser unha das fontes maioritarias de fibra.<ref name="Manuel">{{cita libro|apelidos=Hernández Rodríguez|nome=Manuel|título=Tratado de nutrición|edición=1.ª|ano=1999|editorial=Ed. Díaz de Santos|lugar=Madrid|idioma=español|isbn=84-7978-387-7}}</ref> Os pans brancos de fariñas refinadas son os que achegan unha menor cantidade chegando ata un 3&nbsp;%, o pan denominado como "integral" pode chegar a ter entre tres a catro veces máis de fibra.<ref name="Nesle" /> O pan ocupa a base da [[pirámide alimentaria]] na zona de cereais e legumes, o que indica que pode consumirse ao día nunha cantidade relativamente moderada (comparado con outros alimentos) dentro do que se considera unha [[dieta equilibrada]]. Por exemplo na dieta dun neno dun ano xa se inclúe o pan (así como os alimentos dos grupos alimentarios: [[carne]], [[verdura]]s e [[leite]]). Existen estudos que mencionan que un consumo de pan de centeo achega nas mulleres só un 7,1&nbsp;% da proteína; un 1,2&nbsp;% de lípidos e un 11,1&nbsp;% de carbohidratos necesarios en [[dose diaria recomendada|RDI]], mentres que na dieta dun home contribúe cun 5,9&nbsp;% da proteína un 1&nbsp;% da graxa e 9,3&nbsp;% de carbohidratos, o que fai unha contribución do total de 28,6&nbsp;% dos nutrientes recomendados pola [[Organización Mundial da Saúde]].<ref>{{cita publicación periódica|apelido= Straumite |nome= Evita |ano= 2008 |título= Evaluation of nutrients available from different kinds of bread and their coverage in comparison to reference daily intake in adult group |revista= FOODBALT 2008 |url= http://llufb.llu.lv/conference/foodbalt/2008/Foodbalt-Proceedings-2008-152-155.pdf |dataacceso= 4 de febreiro de 2009 |idioma= inglés |formato= PDF }}</ref>