Tupolev Tu-154: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
draft
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
== Desenvolvemento ==
O Tu-154 desenvolveuse para satisfacer as necesidades de [[Aeroflot]] que precisaba substituír o reactor [[Tupolev Tu-104]], e os [[turbohélice]]s [[Antonov An-10]] e [[Ilyushin Il-18]]. Os requerimentos pedían un avión que fose capaz de cargar entre 16 e 18 toneladas, cun alcance de entre os 5.000 e os 7.000 quilómetros e cunha velocidade de cruceiro de ao redor dos 850 km/h. Tamén se estipulou unha distancia de engalaxe de 2.600 metros co peso máximo na engalaxe do avión. Conceptualmente era semellante ao británico [[Hawker Siddeley Trident]], que voou por vez primeira en [[1962]], e ao [[Boeing 727]], que voou en [[1963]]. O Ministro Soviético da Industria Aeronáutica elexíuelixíu o Tu-154, xa que incorporaba o último no deseño aeronáutico soviético e cumpriron amplamente as necesidades de [[Aeroflot]] durante os anos 70 e 80.
 
O primeiro xefe do proxecto foi Sergey Yeger, pero en 1964 Dmitryi S. Markov asumíu ese cargo. En 1975 pasaría a ocupalo Aleksandr S. Shengardt.