Seitura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos varios
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 17:
Cando a calor apertaba, o normal era retirarse, ben para comer nunha [[carballeira]] ou na casa do dono, que tiña a obriga de ofrecerlles a comida, que era o único pago para moitos deles. Unha vez segada unha [[Leira (agricultura)|leira]], o normal era trasladarse a outra do mesmo propietario se non estaba moi lonxe e había tempo dabondo no mesmo día. O último traballo era amorear os [[Salsa (gastronomía)|mollos]] en medouchos ou montóns perfectamente construídos que protexían o gran dos [[paxaro]]s e posibles inclemencias do tempo (a espiga escondíase no interior do montón e cara a fóra só quedaba a palla) ata que se trasladaran a eira para facer a meda unha ver remataba a seitura.
 
Normalmente na [[construción]] dos medouchos participaban os máis vellos que dirixían este labor ou a facían eles mesmos, namentres os rapaces lles traían os mollos espallados pola leira. Era costume que as mulleres fosen provistas de [[mediamedias]]s gordas ou ben de pantalóns para evitar as feridas das canas que quedaban unha vez cortado o pan. A mesma precaución tiñan que adoptar os nenos.
 
Esta forma de facer a seitura resistiu inalterable durante séculos, ata que a finais da [[década de [[1960]] e principios de [[década de 1970|1970]] apareceron as segadoras mecánicas (as clásicas "Bartollini") que substituíron os fouciños, se ben as atadoras, os mollos e os medochos seguíronse facendo igual. E xa a mediados da década de [[1980]] chegaron as colleitadoras que facían a un tempo a sega e a [[malla]].
 
==Véxase tamén==