Novela gráfica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Catalogue_editions_cornelius.jpg|dereita|miniatura|Novelas gráficas dispostas para a súa venda nunha libraría especializada.]]
'''''Novela gráfica''''', é un formato de publicación destinado a un público con guión dun só autor e que contén unha historia única, onde se fusionan o debuxo e a narrativa e se presentan temas profundos e historias extensas.<ref name=":0">García (2010), 218-219.</ref><ref name="prologo">Ramírez (28/07/2009), 12.</ref> Ademais, nun sentido diacrónico, é un movemento vangardista do [[século XXI]] herdeiro da historieta alternativa e con difusión internacional, que abrangue tanto banda deseñada estadounidense ([[Charles Burns]], [[Daniel Clowes]], [[Gary Panter]], [[Joe Sacco]], [[Seth (historietista)|Seth]]) como francófono ([[Guy Delisle]], [[Marjane Satrapi]]) e mesmo español ([[Paco Roca]], Luís Durán...), israelí (Rutu Modan) e [[Manga|xaponés]] ([[Taniguchi Jirō|Jiro Taniguchi]]), cuxa figura central é Chris Ware.<ref>García (2010), 215-264.</ref> Como tal, implica unha revolución das historias abordadas, alén da revolución gráfica producida desde os anos 70.<ref name="zona">Portela, Carlos en entrevista con Fernández, David (19/11/2008). ''[http://www.zonanegativa.com/?p=7375 Zona Negativa entrevista a Carlos Portela]'', "Zona Negativa".</ref> Pode considerarse, neste senso, "como o último (até agora) dos varios intentos feitos pola banda deseñada de asaltar a fortaleza da respetabilidade cultural". Toda esta [[polisemia]] levou a confusións e contradicións entre os diversos autores, expertos e lectores. Recoñécese como a primeira novela gráfica á obra O Eternauta ([[1957]]) de [[Héctor Germán Oesterheld]]; aínda que a primeira obra auto proclamada como ''novela gráfica'' foi Contrato con Deus ([[1978]]) de [[Will Eisner]]; a cal popularizou o termo.
 
== Notas ==