Megalópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 34:
As femias poñen ata 3&nbsp;000 ovos nunha masa conxunta, que depositan sobre vexetación que colga sobre a superficie da auga. Sofren a forma máis rudimentaria de [[metamorfose (bioloxía)|metamorfose completa]] entre os insectos. Presentan menos diferenzas entre as formas larvarias e as adultas que calquera outra orde de insectos [[holometábolo]]s, e as súas larvas acuáticas viven en auga doce, arredor da cal viven tamén os adultos. As larvas son carnívoras, e comen pequenos invertebrados, como [[crustáceos]], [[ameixa (molusco)|ameixas]], [[verme]]s e outros insectos. Posúen fortes mandíbulas que usan para capturar as súas presas. Teñen grandes cabezas e corpos alongados. O abdome leva varios filamentos táctiles finos, que nalgunhas especies poden incluír [[branquia]]s. O segmento final do abdome leva un par de [[propata]]s, ou un só apéndice parecido a unha cola.<ref name=IIBD/>
 
As larvas crecen lentamente e tardan de 1 a 5 anos en chegar ao últimoestadoúltimo estado larvario. CandocheganCando chegan á madurez, as larvas arrástranse desde a auga a terra e [[pupa]]n no solo húmido ou baixo troncos. Algo pouco común é que a pupa é completamente móbil e ten grandes mandíbulas que usa para defenderse dos seus predadores. Os adultos de vida curta emerxen da pupa para aparearse, e moitsmoitas especies nunca se alimentan como adultos e viven só unhas poucas horas ou días.<ref name=IIBD/>
 
== Evolución ==