Thasos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Economía e Historia: Mileto, Grecia
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Liña 62:
Á parte da súa situación estratéxica, Thasos, fundouse polas súas minas de ouro, prata e cobre, explotadas anteriormente polos [[fenicios]] e sitas entre as poboacións de Eniras e Esiras, na costa sudoriental fronte á illa de [[Samotracia]], minas que non foron localizadas e cuxa concesión tiñan [[Tucídides]], o historiador, e a súa familia. Alí posuíu minas [[Pisístrato]], das que procedía gran parte da súa fortuna. As minas do continente deberon ser máis produtivas que as insulares. As minas do continente foron explotadas nun primeiro momento polos tracios.
 
A riqueza en prata contribuíu ao desenvolvemento dunha grangrande actividade de acuñación monetaria. Thasos parece ser unha das primeiras cidades do norte, de Grecia, en acuñar moeda.
 
Famosas eran as canteiras de mármore branco. Illa boscosa da que se obtiña madeira e resina. Contrasta co resto das illas do Exeo pola abundancia de augas correntes.