Amnistía Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4683478 de CommonsDelinker (conversa) AmInt2009MarchaGayDF.JPG
Etiqueta: Desfacer
m →‎Historia: espazo
Liña 40:
[[Ficheiro: Amnesty_International_Sections_2005.svg|miniatura|esquerda|400px|Seccions de Amnistía Internacional en 2005]]
Amnistía Internacional empezou hai máis de cinco décadas, dous estudantes portugueses elevaron as súas copas para brindar pola liberdade en 1960, en plena [[ditadura salazarista]]. Por ese sinxelo xesto foron condenados a cumprir sete anos de cárcere. A súa historia horrorizou o avogado británico [[Peter Benenson]] (1921-2005) e escribiu ao xornal The Observer coa intención de emprender unha campaña internacional para protexer "[http://observer.guardian.co.uk/life/story/0,6903,497036,00.html «Os presos esquecidos»]. A súa idea consistía en bombardear as autoridades de todo o mundo con cartas de protesta.
O 28 de maio de 1961, o diario publicou un artigo a toda plana titulado «Os presos esquencidos», que inauguraba a campaña de Peter Benenson Appeal for Amnesty 1961 , dun ano de duración. No artigo pedíase aos cidadáns de todo o mundo que protestasen -de forma imparcial e pacífica- contra o encarceramento de homes e mulleres en calquera lugar do mundo polas súas conviccións políticas ou relixiosas, e cualificábase a estas persoas como «presos de conciencia».
 
Seis meses despois, o que empezou como un breve acto publicitario estábase transformando nun movemento internacional de carácter permanente. Ao cabo dun ano, a nova organización xa enviara delegacións a catro países para elevar protestas a favor dalgúns presos e fixérase cargo de 210 casos; os seus membros xa organizaran estruturas nacionais en sete países. Os principios de imparcialidade e independencia quedaron establecidos desde o comenzo. Púxose o énfase na protección internacional dos dereitos humanos: persoas de todo o mundo actuarían en prol de individuos de calquera parte do mundo. A medida que a organización foi crecendo, o seu foco de atención foise ampliando para ocuparse non só dos presos de conciencia, senón tamén das vítimas doutros abusos contra os dereitos humanos en todo o mundo, como a tortura, as «desaparicións» e a pena de morte. En 1977 os esforzos do movemento foron recompensados co premio Nobel da Paz, e en 1978 a organización foi galardoada co premio de Dereitos Humanos das Nacións Unidas.