Omatidio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
Nos [[dípteros]], o rabdoma está separado en sete rabdómeros independentes (hai en realidade oito, pero os dous rabdómeros centrais responsables da visión en cores sitúanse un enriba do outro), de modo que en cada omatidio se forma unha pequena imaxe de 7 píxeles invertida. Simultaneamente, os rabdómeros en omatidios adxacentes están aliñados de modo que o campo de visión dentro dun omatidio é o mesmo que entre omatidios. A vantaxe desta disposición é que o mesmo eixe visual é varrido desde unha área meirande dos ollos, incrementando así a sensibilidade nun factor de sete, sen incrementar o tamaño do ollo ou reducir a súa agudeza. Conseguir isto requiriu a reconexión do ollo de maneira que os feixes de axóns queden xirados 180 graos (reinvertidos), e cada rabdómero estea unido cos dos seis omatidios adxacentes que comparten o mesmo eixe visual. Así, ao nivel da lámina (o primeiro centro de procesamento óptico do [[cerebro de insecto|cerebro do insecto]]) os sinais entran exactamente da mesma maneira que no caso dun [[ollo composto]] de aposición normal, pero a imaxe é mellorada. Esta disposición visual coñécese como ''superposición neural''.<ref>Land, Michael F. and Nilsson, Dan-Eric. ''Animal Eyes'', Second Edition. Oxford University Press, 2012. pp. 163-164. {{ISBN|978-0-19-958114-6}}.</ref>
 
Como unha imaxe dun ollo composto se crea a partir de elementos de imaxe independentes producidos polos omatidios, é importante que os omatidios reacconenreaccionen só á parte da escena visual que está directamente diante deles. Para impedir que a luz que entra nun determinado ángulo sexa detectadodetectada polo omatidio no que entrou, ou por calquera dos omatidios veciños, existen seis [[célula pigmentada|células pigmentadas]]. As células pigmentadas tapizan o exterior de cada omatidio. Cada célula pigmentada está situada no ápice dos hexágonos e así tapiza o exterior dos tres omatidios. A luz que entra nun certo ángulo pasa a través da delgada sección transversal da célula fotorreceptora, e só hai unha pequena posibilidade de que sexa exicitadoexicitada, e é absorbida pola célula pigmentada, antes de que poida entrar nun omatidio veciño. En moitas especies, en situacións de baixa intensidade luminosa, retírase o [[pigmento biolóxico|pigmento]], así que a luz que entra no ollo podería ser detectada por calquera dos varios omatidios. Isto mellora a detección de luz, pero diminúe a resolución.
 
O tamaño dos omatidios varía segundo especie, pero oscila entre os 5 e os 50 micrómetros. Os rabdomas que conteñen poden ter unha sección transversal pequena de só 1.x micrómetros (a categoría de "pequena" asígnase nalgúns estudos cando a sección transversal é de menos de 2 micrómetros).<ref>{{cite journal |pages=147–77 |doi=10.1146/annurev.ento.42.1.147 |title=Visual Acuity in Insects |year=1997 |last1=Land |first1=Michael F. |journal=Annual Review of Entomology |volume=42 |pmid=15012311}}</ref> Unha matriz de [[microlente]]s pode considerarse como unha analoxía elemental [[biomimético|biomimética]] dun omatidio.