Mehmed I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
== O interregno ==
'''Mehmed Çelebi''' naceu en [[Edirne]] (antiga Adrianópolis, hoxe en Turquía). Foi educado no palacio de [[Bursa|Brusa]], e fixo a súa aprendizaxe como administrador gobernando a [[Provincia de Amasya]].
 
Logo da derrota de [[Bayezid I]] na [[batalla de Ancara]] ([[1402]]), iniciouse un período de enfrontamentos entre os herdeiros do sultán derrotado, coñecido como ''Fetret devri.'' Nel, logo de 10 anos e en boa medida grazas á alianza co Emperador [[Imperio Bizantino|bizantino]] [[Manuel II Paleólogo]], Mehmed termina impoñéndose ós seus irmáns Isa, Süleyman e Mûsa, proclamándose Sultán en 1413 e trasladando a súa capital a [[Edirne]].
 
Mentres tanto, enviara ó seu fillo maior '''[[Mustafa Çelebi''']], chamado '''Düzmece Mustafa''', a [[Samarcanda]] en embaixada ante [[Tamerlán]]. Logo da morte deste ([[1413]]), Mustafa regresará a [[Anatolia]] co proxecto de destronar ó seu pai. Para iso, alíase cos príncipes cristiáns de Valaquia pero, derrotado, debe refuxiarse co emperador de [[Bizancio]]. Mehmed paga ó Emperador para que o faga prisioneiro. No curso dos combates entre pai e fillo empregáronse por primeira vez armas de fogo no Imperio Otomán.
 
En contrapartida pola axuda prestada, Mehmed deberá recoñecer ó Emperador bizantino como "pai e señor" e permanecerlle leal, o que pode considerar como o último triunfo diplomático de Bizancio.