Lingua grega antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 45:
== Fonoloxía ==
{{HistoriaLinguaGrega}}
'''Consultar [[Pronunciación do grego antigo]] para un artigo completo.'''
''Resumo: <br />''
O grego antigo é unha lingua con [[acento de altura]], que posúe dúas (ou tres, segundo as interpretacións) entoacións: aguda e circunflexa (cf. '''[[Acentuación do grego]]'''). Caracterízase tamén por un sistema de [[consoante aspirada|consoantes aspiradas]] e por un xogo de oposicións de [[cantidade vocálica|cantidades vocálicas]]. Hai moitas regras de [[sandhi]], tanto internas como externas.
 
Ao pasar do [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]] ao grego, a lingua sufriu moitas [[modificacións fonéticas]]. As máis importantes explícanse coa [[lei de Grassmann]], a [[lei de Osthoff]] e a [[lei de Rix]]. Nótase tamén por outra banda que o grego permite restituír en moitos casos a coloración das [[laringal|laringais]] IE. Na clasificación tradicional das linguas indoeuropeas aparece como unha [[lingua centum|lingua ''centum'']].
 
== Morfoloxía ==
O grego, como outras [[linguas indoeuropeas]] antigas, é altamente [[lingua flexiva|flexiva]]. Ademais de polo emprego de [[desinencia]]s, o grego se caracteriza por procedementos herdados do [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]] como a [[alternancia vocálica]], o uso da [[reduplicación]] e do [[aumento]] nos verbos.