Emilia Pardo Bazán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m Interpreto ao ler varias veces "asemade" por "así mesmo" que este asemade tamén ten ese significado.
Liña 42:
Lectora infatigable dende os 8 anos de idade, aos nove compuxo os seus primeiros [[verso]]s, e aos quince o seu primeiro conto, ''Un matrimonio del siglo XIX'' ([[1866]]).<ref name= Bibliotecaautor>[http://www.cervantesvirtual.com/portales/pardo_bazan/ Emilia Pardo Bazán] na [[Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes]].</ref>
 
A súa afección á lectura víñalle de rapariga, cando pasaba horas na biblioteca do pai. Na biblioteca accedeu a un amplo abano de lecturas; segundo declarou, os seus libros favoritos eran ''[[Don Quixote da Mancha]]'', a [[Biblia]] e ''[[A Ilíada]]''.<ref name=Espaciolibros>[http://espaciolibros.com/escritores/E/Emilia%20Pardo%20bazan Informacion del Autor: Emilia Pardo bazan] Espaciolibros.com, consultada o 09/06/09 {{Ligazón morta}}</ref> Na casa da Coruña leu ''La conquista de México'' de [[Antonio de Solís]] e as ''[[Vidas paralelas]]'' de [[Plutarco de Queronea|Plutarco]]. AsemadeAsí mesmo, sentía fascinación polos libros sobre a [[Revolución Francesa]].<ref name=Espaciolibros/> Durante os invernos, tempo no que a familia moraba en Madrid por mor das actividades políticas do pai, militante no partido liberal progresista,<ref name= Bibliotecaautor/> Emilia asistía a un colexio [[Francia|francés]] protexido pola Real Casa. Alí coñeceu a obra literaria de [[La Fontaine]] e [[Jean Racine]] .<ref name=Espaciolibros/>
 
Cando a escritora contaba con 12 anos de idade, a familia decidiu ficar na Coruña durante os invernos, recibindo Emilia clases de titores privados.<ref name=Espaciolibros/> Xa dende moi cedo, abrollou en Pardo Bazán un forte carácter e un espírito de independencia pouco habitual nunha muller, rexeitando as leccións de [[piano]] e mais as clases de música, que era o que tiña que aprender para adornar os salóns unha señorita do seu tempo.<ref name=Espaciolibros/> Cando moza, adicou a meirande parte do tempo á súa gran paixón, a lectura.<ref name=Espaciolibros/>