Emilia Pardo Bazán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
Liña 55:
Ao ser filla única, co seu casamento Emilia Pardo Bazán aspiraba a herdar as casas fidalgas de [[Pazo de Meirás|Meirás]], Miraflores, Rañal, Callou, Riopaz, Cañás, Aranga, Zanfoga e Tamou, que os seus pais herdaran dos seus devanceiros. Ao seu patrimonio persoal houbo que engadir a vivenda do matrimonio na rúa [[Casa Museo de Emilia Pardo Bazán|Tabernas nº 11]] da Coruña (casa que foi doada pola escritora á [[Real Academia Galega]]) e mailos bens e rendas procedentes da [[desamortización|desamortización eclesiástica]] que o matrimonio adquiriu no concello de [[Malpica de Bergantiños]] e a Juan Menéndez Goicoiría na parroquia de [[San Martiño de Ozón, Muxía]].<ref name=PatrimonioEMPB/>
 
Ademais, Emilia Pardo Bazán era dona da casa da rúa San Bernardo nº 13 de [[Madrid]]. A súa nai Amalia, viúva, haberá mercalamercáraa como residencia familiar para os períodos de outono, inverno e primavera pasando os veráns e parte do propio outono no [[pazo de Meirás]], que ela mandara reconstruír entre os anos [[1897]] a [[1907]] e que foi deseñado polo arquitecto José Lampárez, amigo de seu, contando coa opinión de Emilia para a fachada do [[pazo]] e da nai para os interiores.<ref name=PatrimonioEMPB/>
[[Ficheiro:Castelo Santa Cruz.Oleiros.Galicia.jpg|[[Castelo de Santa Cruz]], [[A Coruña]], unha das múltiples propiedades dos Pardo-Bazán.|miniatura]]
Os bens e citadas casas fidalgas que posuía a escritora atopábanse nos [[municipio|concellos]] actuais de [[Abegondo]], [[Aranga]], [[Arteixo]], [[Boimorto]], [[Bergondo]], [[Betanzos]], [[Cambre]], [[Carral]], [[Cedeira]], [[Cerdido]], [[Coirós]], [[A Coruña]], [[Curtis]], [[Fene]], [[Ferrol]], [[Malpica de Bergantiños]], [[Mesía]], [[Moeche]], [[Muxía]], [[Narón]], [[Oleiros]], [[Ordes]], [[Ortigueira]], [[Oza-Cesuras]], [[Paderne]], [[Ponteceso]], [[San Sadurniño]], [[Santiago de Compostela]], [[As Somozas]], [[Valdoviño]], [[Vilasantar]] e [[Présaras]] na [[provincia da Coruña]]; no concello de [[Viveiro]] na [[provincia de Lugo]], e nos concellos de [[Sanxenxo]], [[O Grove]] e [[Poio]] na [[provincia de Pontevedra]].<ref name=PatrimonioEMPB/>