The Rolling Stones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
club
Liña 58:
O seu primeiro número 1 internacional foi "[[(I Can't Get No) Satisfaction]]", canción gravada en maio de 1965 durante a súa terceira xita norteamericana. Na gravación do riff de guitarra co fuzzbox que conduce o tema, Richards pensárao como unha pista de guía para unha sección de ventos. Oldham editaría "Satisfaction" sen os planeado overdubs de ventos. Publicado nos Estados Unidos en xuño de 1965, o sinxelo pasou catro semanas no primeiro posto das listas, establecendo a The Rolling Stones como unha banda de primeira liña en todo o mundo.<ref name="Jagger et al. 2003, p. 95"/><ref>Wyman 2002, p. 187.</ref>
 
A versión estadounidense do disco ''[[Out of Our Heads]]'' (publicado en xullo de 1965) tamén sería número 1; nel incluíanse sete cancións orixinais (tres de Jagger/Richards e catro acreditadas a Nanker Phelge).<ref>Wyman 2002, p. 195.</ref> O seu segundo sinxelo en ter un número 1 internacional, "[[Get off of My Cloud|Get Off of My Cloud]]" foi lanzado no outono dese ano, seguido doutro LP estadounidense: ''[[December's Children]]''.
 
''[[Aftermath]]'' (número 1 no Reino Unido e 2 nos Estados Unidos) editouse a finais da primavera de [[1966]], e foi o primeiro álbum de The Rolling Stones en estar totalmente formado por cancións de Jagger/Richards. Neste traballo as contribucións de Jones foron máis alá de contribucións coa guitarra e a harmónica. A "[[Paint It, Black]]" engadíulle un sitar, á balada "Lady Jane" un dulcimer, e a "Under My Thumb" marimbas. ''Aftermath'' tamén destacou polo tema de case 12 minutos "Goin' Home", a primeira longa improvisación nun exitoso disco de rock & roll.