Falange Española Tradicionalista y de las JONS: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
m arranxiño
Liña 1:
'''Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista''' ('''FET y de las JONS''', en [[lingua galega|galego]]: ''Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista'') era o nome do [[partido único]] da [[España franquista]] creado o [[19 de abril]] de [[1937]], a iniciativa da xefatura do denominado ''Estado Nacional'', por fusión dos distintos partidos e movementos que apoiaban a sublevación militar (denominada ''[[Alzamento Nacional]]'') que iniciou a [[guerra civil española]], e que non desapareceron realmente, senón que se articularon nas denominadas ''[[familias do franquismo]]''.

''FET y de las JONS'' concibiuse como a rama política do denominado ''[[Movimiento Nacional]]'', concepto máis amplo co que se definía ao complexo mecanismo [[Totalitarismo|totalitario]] de inspiración [[Fascismo|fascista]] que pretendía ser a única canle de participación na vida pública española. O seu discurso político expresaba tamén a mestura de elementos [[Ideoloxía|ideolóxicos]] e retóricos fascistas, ultra[[nacionalista]]s, [[Militarismo|militaristas]], [[Tradicionalismo|tradicionalista]], [[Conservadorismo|conservadores]], [[católico]]s (ou [[Nacionalcatolicismo|nacionalcatólicos]]), [[monárquico]]s etc.
 
== Simboloxía e uniformidade ==
{{Artigo principal|Simboloxía do franquismo}}
FET y de las JONS adoptou unha combinación de símbolos que reflectía a distinta procedencia das forzas que conformaron o partido. Así, vestíase como uniforme a camisa azul da [[Falange Española|FalangeFalanxe]] e a boina vermella dos [[requeté]]s. Engadiuse así mesmo unha gravata negra en sinal de loito por [[José Antonio Primo de Rivera]].
 
As bandeiras que presidían os actos correspondían tamén ás principais forzas que conformaron a organización. Presidía todos os actos do partido a [[Bandeira de España|Bandeira Nacional de España]], flanqueada polas de [[Falange Española|Falange]]Falanxe e a [[Cruz de Borgoña]] dos [[Carlismo|tradicionalistas]].
 
O principal himno do partido era o "[[Cara al Sol]]", (obra de [[Juan Tellería]]) aínda que tamén gozaron de cooficialidade formal, entre outros a "[[Oriamendi|Marcha de Oriamendi]]".