Berenguela de Castela (1253-1300): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 36:
 
== Sepultura ==
Existe controversia sobre o paradoiro dos restos mortais da infanta Berenguela, pois hai tres lugares nos que se supón que xace enterrada a filla primoxénita de Afonso X o Sabio. No [[convento de Santa Clara de Toro]], que fundou a infanta Berenguela, atópase unaunha urna de madeira, sostida no alto por tres leóns, nun lado da capela maior da igrexa, e no centro da urna de madeira están pintadas as armas reais, e nos lados aparecen escritos os seguintes versos:{{sfn|Arco y Garay|1954|p=253}}
{{Cita|Cubierta de luto está en ese estante Infanta e señora de Guadalajara, del Rey Don Alfonso y de su esposa chara, hija que fue de Doña Violante, sabio maonarca, en guerras pujante. Esta señora fundó a Santa Clara.}}
Un privilexio outorgado polo rei [[Xoán II de Castela]] ao convento de Santa Clara de Toro, testemuña a sepultura no cenobio zamorano dos restos da infanta Berenguela, así como o recoñecemento dos restos depositados no interior da urna, que foron examinados en 1772. Con todo, existen documentos que sinalan que os seus restos foron posteriormente trasladados ao desaparecido mosteiro de Santo Domingo o Real de [[Madrid]], ao que ela doara a cidade de Guadalaxara.{{Harvnp|Arco y Garay|1954|p=271}} En 1869, antes da demolición do mosteiro de Santo Domingo, unha testemuña viu, situada fronte ao sepulcro que contiña os restos da infanta Constanza, filla de [[Fernando IV de León e Castela|Fernando IV]], que tamén se atopaba sepultada no mosteiro, unaunha lápida sepulcral na que figuraba a seguinte inscrición:{{sfn|Arco y Garay|1954|p=253}}
{{Cita|AQUÍ YACE LA MUY ALTA I PODEROSA SEÑORA LA INFANTA DOÑA BERENGUELA, HIJA DEL REI DON ALONSO, INTITULADO EL EMPERADOR}}
O nicho que contiña os restos mortais no Mosteiro de Santo Domingo o Real de Madrid foi aberto o 23 de abril de 1869, testificando os presentes que se atopou o cadáver, tamén momificado, con tocado e envolto en luxosas roupaxes de seda.»{{sfn|Arco y Garay|1954|p=253}} Examinados os restos, foron depositados de novo no seu nicho, pero cando o edificio foi demolido en 1869, os restos mortais das infantas Berenguela e Constanza foron trasladados á cripta da igrexa de San Antonio dos Alemáns de Madrid, onde repousan na actualidade.{{sfn|Fernández Peña|2006|p=894}}