Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/entanto,%20no
Liña 162:
[[Robert Grosseteste]] (ca. [[1168]] - [[1253]]) estudou a [[Aristóteles]] e estableceu as premisas das [[ciencias experimentais]], explicitando o esquema: observacións, deducións da causa e dos principios, formulación de hipóteses, e finalmente, novas observaciós refutando ou verificando as hipóteses.<ref>Sobre este asunto véxase: Crombie, A. C. ''Robert Grosseteste and the origins of experimental science, 1100-1700'', Oxford: Clarendon Press, 1971.</ref>
 
San [[Alberte o Magno]] ([[1193]] - [[1280]]), está considerado por moitos historiadores como [[alquimia|alquimista]] e [[maxia|mago]]. NonNo entanto os seus estudos [[bioloxía|biolóxicos]] permitíronlle sentar as bases das disciplinas das [[ciencias da vida]].<ref>San Alberte Magno, ademais de ser un ''Doutor da Igrexa'', é o patrono das ciencias naturais, da química e das matemáticas.</ref> Fai tamén o estudo do desenvolvemento dos pitos observando o contido de ovos incubados e foi o primeiro en comentar o fenómeno da [[nutrición]] do feto. Estableceu tamén unha clasificación sistemática dos vexetais, antecedente da [[taxonomía]]. Describe igualmente as primeiras experiencias da [[química]] <ref>Véxase, por exemplo: Ferdinand Hoefer, ''Histoire de la physique et de la chimie: depuis les temps les plus reculés jusqu'à nos jours'', Paris, Hachette, 1872, ISBN 2-04-017396-X.</ref>.
<div style="text-align:center;"><gallery>
Ficheiro:Roger-bacon-statue.jpg|[[Roger Bacon]].
Liña 225:
A antes de que Galileo interveña, a teoría de Copérnico permanece confinada nalgúns especialistas, de maneira que non encontra máis que oposicións puntuais por parte dos teólogos, mentres que a maioría dos astrónomos permanecen máis favorábeis á tese xeocéntrica. Publicado o libro polo seu amigo [[Rheticus]] en [[1543]], ao ano escaso da morte do seu autor, case setena e cinco anos despois, en [[1616]], o [[Santo Oficio]] ([[Inquisición]]) publica un decreto condenando o sistema de Copérnico e metendo a súa obra no [[Index Librorum Prohibitorum|Índice]] de libros prohibidos, prohibíndose tamén a súa divulgación.
 
NonNo entanto, a pesar desta prohibición, "Galileo adoptará a [[cosmoloxía]] de Copérnico, construíndo unha nova física co éxito e as consecuencias sabidas",<ref>Jean-Pierre Verdet, ''Une Histoire de l'astronomie'', Seuil, col. "Points", Paris, 1990, páx. 99.</ref>, é dicir, que permitirá a difusión das teses heliocéntricas. [[Galileo Galilei]] ([[1564]] - [[1642]]) desempeñou un papel fundamental na introdución das matemáticas para a explicación das leis físicas e pode considerarse, ante todo, como un dos fundadores da [[Física|mecánica moderna]]. Descubriu o movemento isócrono do péndulo (que pensou que podería utilizarse para medir o tempo), estableceu un método para determinar o peso específico dos corpos, describiu a traxectoria parabólica dos proxectís de artillaría e formulou a lei da caída libre dos corpos, afirmando que a velocidade de caída era independente da masa do grave (o corpo que cae).
[[Ficheiro:Galileo.arp.300pix.jpg|miniatura|esquerda|[[Galileo Galilei]].]]