Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Liña 30:
A gran maioría de datos sobre a súa vida baséanse nas actas dese proceso, pero están en certa forma provistos de descrédito, pois segundo diversas testemuñas do xuízo, estiveron cheos de correccións e datos falsos introducidos por orde do [[bispo]] [[Pierre Cauchon]]. Entre estas testemuñas estaba o [[escribán]] oficial, designado só como Manchon, que afirma que en ocasións había secretarios agochados detrás das cortinas da sala agardando instrucións para borrar ou agregar cousas das actas.
 
Vinte e cinco anos logo da súa condena, o rei Carlos VII instigou áa Igrexa a que revisase aquel xuízo [[inquisición|inquisitorial]], ditaminando o papa [[Nicolao V, papa|Nicolao V]] a inconveniencia da súa reapertura naqueles momentos, debido aos recentes éxitos militares de Francia sobre Inglaterra e á posibilidade de que os ingleses o tomasen, naqueles delicados momentos, como unha afronta por parte de [[Roma]]. Doutra banda, a familia de Xoana tamén reuniu as probas necesarias para a revisión do xuízo e envioullas o Papa, pero este negouse definitivamente a reabrir o proceso.
 
Á morte de Nicolao V, foi elixido papa o español [[Calisto III, papa|Calisto III]] (Alfonso de Borja) o 8 de abril de 1455, e foi el quen dispuxo que se reabrise o proceso. A súa inocencia foi recoñecida ese mesmo ano nunha apelación do xuízo, grazas a un proceso onde houbo moitos testemuños e declarouse herexes aos xuíces que a condenaron. Finalmente, xa no [[século XX]], foi beatificada en [[1909]] polo papa [[Pío X, papa|Pío X]] e posteriormente declarada santa en [[1920]] polo papa [[Bieito XV, papa|Bieito XV]]. Ese mesmo ano, foi declarada como a santa patroa de [[Francia]].<ref>Un tribunal presidido polo inquisidor Jean Bréhal volveu reabrir o seu caso trala guerra. O novo veredicto invalidou o orixinal e describiu o proceso anterior como "corrupto, calumnioso, fraudulento e malicioso". [http://www.stjoan-center.com/Trials/null13.html] (Recuperado o 12 de febreiro de 2006) {{en}}</ref>
Liña 47:
Os intereses de unificar as coroas concretáronse á morte do rei francés [[Carlos IV de Francia|Carlos IV]] en 1328. Filipe de Valois, francés e sucesor grazas á [[lei sálica]] (Carlos IV non tivera descendencia masculina), proclamouse rei de Francia o [[27 de maio]] de [[1328]] (reinou como [[Filipe VI de Francia]]). Filipe xa se convertera en rexente tras a morte de Carlos IV mentres se esperaba o nacemento do fillo póstumo do rei defunto, que finalmente resultou ser unha nena.
 
A guerra dos Cen Anos comezaría en [[1337]], cando Filipe VI reclamou o feudo da [[Gascuña]] a [[Eduardo III de Inglaterra|Eduardo III]] (aferrándose á lei feudal) despois de varias incursións polo [[CanleCanal da Mancha]] nun intento de restaurar no trono escocés o rei [[David II de Escocia|David II]] (aliado francés exiliado a Francia dende xuño de [[1333]]), pretextando que non respectaba o seu rei. Entón, o [[1 de novembro]] Eduardo III responde plantándose nas portas de [[París]] e declarando por medio do [[bispo]] de [[Lincoln, Inglaterra|Lincoln]] que el era o candidato axeitado para ocupar o trono francés.
 
Inglaterra gañaría importantes batallas como [[Batalla de Crécy|Crécy]] ([[1346]]) e [[Batalla de Poitiers (1356)|Poitiers]] ([[1356]]), xa co relevo de [[Xoán II de Francia|Xoán II]] en lugar de [[Filipe VI de Francia|Filipe VI]], e obtería a inesperada vitoria de [[Batalla de Azincourt|Agincourt]] en 1415, baixo a competente dirección do rei [[Henrique V de Inglaterra|Henrique V]].
Liña 61:
Posteriormente, engadiríaselle a palabra «Darc» como apelido, para referirse a ela de forma oficial (a falta de apóstrofo na súa versión francesa —d'Arc— débese á inexistencia de tal signo na [[Idade Media]]). Arco ''(arc)'' provén do apelido do seu pai, [[Jacques Darc]], cuxas raíces familiares estaban posiblemente en dous pobos, [[Arc-en-Barrois]] ou [[Art-sur-Meurthe]], pobos moi próximos onde se cre que naceu «a Pucelle». O nome, no entanto, varía (Arc, Ars, Ai…) dadas as diferenzas na versión antiga de [[Art sur Meurthe]] (onde se reduce a erre).
 
A denominación de «Jehanne d'Arc» atópase na obra dun poeta de [[Orleáns]] cara a [[1576]]; «Jehanne» se transcribetranscríbese hoxe en día como «Jeanne».
 
==== Os seus pais ====
Liña 86:
Xoana naceu na [[comuna francesa]] de [[Domrémy-la-Pucelle|Domrémy]], na rexión de [[Lorena]], durante a [[guerra dos Cen Anos]] conflito que enfrontou a [[Francia]] contra [[Inglaterra]] durante 116 anos. Filla de Jacques de Arco e de Isabelle Romée, pertencía a unha familia de cinco nenos: Jeanne, Jacques, Catherine, Jean e Pierre sendo ela a quinta e máis nova filla do matrimonio. Era moi piadosa, e retirábase cada sábado á igrexa de Bermont, preto de Greux, para rezar. A pesar dos acontecementos que se estaban a producir no seu ámbito, Xoana creceu como calquera outra rapaza tanto do pobo coma daquela época. Así, seguindo e tomando como máis verosímiles as súas propias declaracións durante o proceso eclesiástico seguido contra ela, confirmaremos que aprendeu todas aquelas tarefas domésticas da súa nai e só desta, como ela dixo. Deste xeito, sabemos que en materia de [[Fe (relixión)|fe]] e en lingua vulgar, aprendeu o [[nosopai]] a [[avemaría]] e o [[credo]] que rexeitou por tres veces recitar senón era en confesión.
 
Máis domesticamente, aprendeu a fiar e a coser, e de cando en vez a contribuír á vixilancia da [[Corte (do gando)|corte]], tamén escardarmondar e acompañar o gando no momento de labrar e angazar toda unha serie de tarefas cotiás. Tamén aprendeu a montar a cabalo sen ningún apoio. Isto nun ámbito rural e moi familiar, cheo de amigos e con algúns padriños, como por exemplo Jean Lingue, Barreyre, Agnès e Sibylle.
 
Das experiencias piadosas de Xoana, sabemos que se confesaba co sacerdote da súa parroquia, mentres comungaba para pascua e en ausencia ou indisposición do sacerdote, recorría a outros; deste modo en dúas ou tres ocasións confesou con dous mendicantes. O seu confesor principal, pois, foi o agostiño Pasquerel do que aprendeu a xulgar. Ela xa coñecía tamén a moral do decálogo cristián. Pouco a pouco, as crenzas da moza empezáronse a desenvolver converténdose en máis piadosa.
 
Non obstante, isto non quería dicir que fose unha nena diferente das outras, máis estraña ou quizais especial. Sacada do seu [[pietismo]] e seriedade, era unha rapaza moi intelixente que tamén xogaba, cantaba, bailaba... xunto co resto de rapazas doda pobovila, pequenopequena, onde todo o mundo se coñecía. Polo tanto, participou tamén en tradicións dos paisanos, da vila. Estes rituais, como por exemplo algunhas danzas ou o uso de coroas votivas, foron collidos polos xuíces de Ruán nunha interpretación ''sui generis'' para encaixalas dentro dun conxunto de prácticas relixiosas propias dunha bruxa (hai que recordar que o final se lle acusou de herexe). Non obstante, ela non caeu no engano e remarcou que non vira nunca unha fada, como tamén resaltou algunha testemuña como por exemplo Hauviette. Dixo que de todas as maneiras nona pobovila había unha árbore chamada "das damas", que popularmente lle dicían "das fadas".
=== Os incidentes de Domrémy ===
En [[1425]], a vila onde vivía Xoana, sufriu unha incursión inimiga, de acordo coa situación do reino francés, aos tres anos da coroación nominal de Carlos VII. Realmente era unha situación previsible. Xusto dous anos antes, Jacques, pagara pola protección doda pobovila a Robert de [[Sarrebruck]], señor de Commercy. O ataque probablemente foi máis próximo a unha razzia, xa que a vila non se viu nunha situación o suficientemente crítica como para non refacerse, aínda que as tropas de socorro de Sarrebruck non conseguiron estar á altura.
 
Esta serie de incursións rápidas nosnas pobosvilas, coa intención de prender lume e cometer outras atrocidades debilitaron o bando do delfín, pero non o suficiente como para acabar con el. Así, en xullo de [[1428]], Domrémy foi vítima doutro ataque, neste caso borgoñón polo líder Henri de Orly, que esta vez si que provocou a fuxida dos habitantes á fortaleza máis próxima, [[Neufchâteau, Vosgos|Neufchâteau]], xusto ao sur de Domrémy, que viu queimada a súa igrexa. Deste xeito, os habitantes puideron comprobar cos seus propios ollos cal era a situación real do delfín, cal era a ameaza e as novas que comezaban a chegar con moita velocidade do asedio de [[Orleáns]] coa toma das vilas do [[Río Loira, Francia|Loira]] ao redor deste núcleo.
 
== O misticismo de Xoana ==
Liña 103:
A Igrexa católica e a inmensidade de fieis, recoñeceu como verdadeiras estas aparicións. A opinión máis común a estas visións, a miúdo explícase baseándose en alucinacións, algún tipo de [[esquizofrenia]] ou problemas mentais. Queda nun segundo lugar pensar que podían ter sido froito dalgún tipo de obsesión desenvolvida pola abundante asistencia a misas, confesións... e descártase que mentise.
 
Cando lle preguntaron como cría que era aquela voz, ela respondeu que lle pareceu moi nobre, polo que afirmou: «e eu creo que esta voz me foi enviada de parte de [[Deus]]». Así pois, cando a escoitou por terceira vez pareceulle recoñecer un anxo. E aínda que ás veces non o entendía demasiado ben, primeiro aconselloulle que frecuentase as igrexas e despois que tiña que ir a Francia, sobre o cal a empezou a presionarpremer. Ademais esta voz escoitábaa unhas dúas ou tres veces por semana. Non moito despois, revelou outra das mensaxes clave que lle enviou: «Ela dicíame que eu levantaría o asedio de Orleáns».
 
O [[27 de febreiro]], Xoana identificou estas voces: tratábase da voz de santa [[Catarina de Alexandría]] e de santa [[Margarida de Antioquía]], as santas máis veneradas do momento, se nos atemos á iconografía anterior a Xoana.<ref>Xuízo de condenación, pp. 58–59. [http://www.fordham.edu/halsall/basis/joanofarc-trial.html] (Recuperado o 23 de marzo de 2006)</ref> Catarina, é definida ás veces como unha figura apócrifa a cabalo dos [[século III|séculos III]] e [[século IV|IV]] que morreu a unha idade similar á de Xoana; tamén erudita (patroa de moitas especialidades intelectuais) e despois de persuadir o emperador [[Maximiano]] de que deixase de perseguir os cristiáns. Despois sería condenada a morrer na [[Roda (pena de morte)|roda]] (un sistema de tortura que fractura os ósos), aínda que se di dela que, ao tocar a roda, a rompeu e, finalmente, tivérona que decapitar. Por outro lado, a lenda de Margarida refire que foi unha doncela desprezada pola súa fe cristiá, á que ofreceron matrimonio a cambio da renuncia a esta fe. Ante a súa negativa foi condenada a tortura, aínda que logrou escapar milagrosamente en varias ocasións (antes da súa captura definitiva e martirio). Por iso, é venerada pola Igrexa católica como santa virxe e mártir.