Aquiles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎En Troia: corrixo
Liña 40:
[[Ficheiro:Akhilleus_Patroklos_Antikensammlung_Berlin_F2278.jpg|miniatura|esquerda|220px|Aquiles curando a [[Patroclo]], kylix de figuras vermellas do pintor de Sosias]]
 
Revestido coa súa armadura máxica, traba outra vez combate e abate un gran número de troianos ao seu paso, ata tal punto que as augas do [[río Escamandro|Escamandro]] están manchadas de cadáveres. Ofendido, o Escamandro houbo de afogar a Aquiles. Por fin atopa a Héitor, desafíao e mátao coa axuda de Atenea. Arrastra os seus retosrestos tres veces ao redor da cidade, cun carro que habitualmente guiaba [[Automedonte]] e cada día ao redor da tumba de Patroclo.
 
Aquiles fai porén proba de humanidade deixando ao rei [[Príamo]] virlle reclamar o corpo do seu fillo para lle ofrecer uns funerais dignos. Obedece así á súa nai, enviada polos deuses, descontentos polo trato inflixido as restos do heroe. Organiza deseguido os funerais e os xugosxogos fúnebres do seu amigo Patroclo.
 
Pero os días de Aquiles están contados, morre pouco despois, ao pé das murallas de Troia, co talón, o seu punto débil, furado por unha frecha disparada por [[Paris]] (guiado por Apolo) ou polo mesmo Apolo. variosVarios mitos diverxen en canto á súa morte: ben que tivo lugar no campo de batalla, ben no templo de Apolo, ao dispoñerse a traizoar os gregos para desposar a [[Polixena]], filla do rei Príamo, da que se namorara. Os seus funerais cóntanolos no canto XXIV d’''A Odisea'' a alma de Agamenón, así como no libro III das ''Posthoméricas'' de [[Quinto de Esmirna]]. As súas cinzas mesturáronse coas de Patroclo e de [[Antíloco]] nunha urna de ouro. Foi enterrado, en medio de choros e de xemidos, na ribeira do [[Helesponto]] e non coñeceu, xa que logo, a vitoria final dos gregos.
 
Malia o seu caracter receoso, Aquiles «o dos pés lixeiros» é considerado polos gregos igual ca un semideus, e venerado en templos que lle foron dedicados en [[Esparta]] e na [[Élide]]. Ten numerosas aventuras e atribúenselle numerosos amores.