Alameda de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 5:
== Situación e composición ==
Situado a medio camiño entre dous dos elementos máis emblemáticos da cidade, o [[USC|Campus Sur]] da [[Universidade de Santiago de Compostela|Universidade]] e o [[Casco histórico de Santiago de Compostela|casco histórico]], a súa composición actual é o resultado de varias ampliacións e restauracións que hoxe en día conforman un magnífico patrimonio [[arquitectura|arquitectónico]] e [[botánico]] que, aínda que recibe o nome xenérico de '''''Alameda''''', está constituído por tres zonas ben diferenciadas:<ref name=PA> [http://www.santiagoturismo.com/parques-e-xardins/parque-da-alameda Parque de la Alameda] en Turismo de Santiago {{es}}.</ref> <ref name=SEC/>
* O '''[[Paseo da Alameda''', propiamentede ditoSantiago de Compostela|Paseo da Alameda]],
* A [[Carballeira de Santa Susana]] e
* O '''[[Paseo da Ferradura''']], ou '''Paseo dos Leóns''', que [[Otero Pedrayo]] cualificou como "o parque e paseo máis nobre de España".<ref name=SEC>[http://www.cameliagalicia.com/santiago.html Alameda de Santiago de Compostela] en SEC (Sociedad Española de la Camelia {{es}}.</ref>
 
A unidade así formada é, desde o [[século XIX]], o máis importante punto de referencia dos paseos e do ocio dos santiagueses, un espazo moi acolledor, unha especie de salón natural, moi visitada tamén polos turistas. A súa situación privilexiada, bordeando unha parte da cidade histórica —e cunha magnífica perspectiva sobre a súa fachada oeste, a máis monumental— converteuno no principal [[xardín|xardín urbano]] da cidade, destacando ademais pola variedade e porte das súas [[especie]]s [[árbore|arbóreas]] ornamentais, como o conxunto dos [[Quercus rubra|carballos]], os espléndidos [[eucalipto]]s ou a pérgola con vistas cara ao [[monte Pedroso]], a ''Residencia'' (actual [[USC|Campus Sur]] da [[USC|Universidade]]) e os arredores do sur da cidadde de Santiago, que compoñen os [[Castiñeiro de Indias|castiñeiros de Indias]] no Paseo da Ferradura.<ref name=PA/>
 
O paso do tempo foi deixando pegadas na súa ordenación espacial, como se pode apreciar no paseo central, con tres corredores diferenciados para as distintas [[Clase social|clases sociais]] do século XIX, no ''case'' [[Arco de triunfo|arco triunfal]] que dá acceso ao Paseo dos Leóns, ou na disposición de terrados (''parterres''), fontes e estanques. E tamén nas súas edificacións decimonónicas, modernistas e actuais (igrexa do Pilar, pavillón de Recreo Artístico e Industrial, único edificio que queda da [[Exposición Rexional de 1909|Exposición Rexional Galega de 1909]], palomar, quiosco da música, banco acústico, etc., na abundancia e formas das súas estatuas e esculturas, e no seu mobiliario, especialmente os bancos [[granito|graníticos]] con artístico respaldo de [[Ferro fundido|fundición]] da famosa fábrica de Sargadelos, que contaba co pimeiro [[alto forno]] de [[España]], creada por [[Antonio Raimundo Ibáñez]], [[marqués de Sargadelos]].<ref name=PA/>
 
== Historia ==
Liña 18:
== Datos de interese ==
O Parque ten unha extensión de 56 087 m<sup>2</sup>. A súa topografía é en pendente suave. É un xardín de especial interese [[botánico]] e
[[Monumento|monumental]]. Nel encóntranse varios miradoiros sobre a [[cidade vella de Santiago de Compostela|cidade vella]] e o que permite contemplar o [[monte Pedroso]], a ''Residencia'' (actual [[UDC|Campus Sur]] ou Campus Vida) e os arredores do sur da cidade de Santiago. Dispón de amplas zonas de sombra, de céspede e de descanso con bancos. Están sinalizados itinerarios peonís e hai posibilidade de percorrelo en bicicleta. É accesíbel para persoas con discapacidade física. Dispón de fontes de auga potábel, estanques, parque de xogos infantís e srevizosservizos sanitarios públicos. Ten iluminación nocturna, un punto de información e zonas de aparcamento próximas (de pago).<ref name=PA/>
 
== Galería de imaxes ==