Grigorii Rasputin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2)
Liña 55:
 
A pesar de gozar do favor da Emperatriz, Rasputin comezou a ser visto como un perigo para o país. Segundo Pavel Miliukov, en maio de 1914, Rasputin xa era unha persoa influente na política rusa.<ref>{{Harvnb|Antrick|1938|p=37}}</ref> En xullo dese ano sufriu un intento de asasinato cando estaba de visita na súa aldea, Rasputin saíra da súa casa para responder un telegrama<ref>[http://www.theeuropeanlibrary.org/tel4/newspapers/issue/3000059906856 Rigasche Rundschau]. The European Library (1 de xullo de 1914). Consultado o 15 de xullo de 2014.</ref><ref>[http://blog.britishnewspaperarchive.co.uk/2013/06/28/assassination-attempt-on-rasputin-29-june-1914/ Assassination Attempt on Rasputin – 29 June 1914 | The British Newspaper Archive Blog]. Blog.britishnewspaperarchive.co.uk. Consultado o 15 de xullo 2014.</ref><ref>[http://query.nytimes.com/mem/archive-free/pdf?res=F20616FF3F5412738DDDAD0994DF405B848DF1D3 FAVORITE OF TSAR STABBED BY WOMAN – Rasputin, Peasant Monk-Mystic, Said to be at the Point of Death]. New York Times (14 de xullo de 1914). Consultado o 15 de xullo de 2014.</ref><ref>{{Cita web|url=http://cymru1914.org/en/view/newspaper/4096777|title=Cymru 1914|author=|date=|publisher=|accessdate=27 de decembro de 2014}}</ref><ref>[http://trove.nla.gov.au/ndp/del/article/6425577 The Advertiser (Adelaide, SA) ]</ref> cando unha muller acoitelouno no estómago. O tsar enviou ao seu propio médico<ref>[http://query.nytimes.com/mem/archive-free/pdf?res=F10E16F6345D13738DDDAF0994DF405B848DF1D3 The Tsar Sends His Own Physician to Attend the Court Favorite]. New York Times. 15 de xullo de 1914</ref> para que o atendera e, tras seis semanas no hospital Rasputin logrou recurperarse.
 
=== Relación coa Familia Imperial===
A tsarina [[Alexandra Feodorovna Romanova|Alexandra]] confiaba nos consellos de Rasputin e deu crédito ás súas oracións despois de que axudaran a aliviar as dores de Aleksei en numerosas ocasións. Anastasia e as súas irmás foron criadas para ver a Rasputin como ''o noso amigo'' e ''confidente''. No outono de [[1907]] a tía das nenas, a gran duquesa [[Olga Aleksandrovna Romanova]], foi levada polo tsar ata a habitación dos nenos para que coñecera ao monxe. A gran duquesa recordaba máis adiante:
{{cita|«Anastasia, as súas irmás e o seu irmán Aleksei levaban longos camisóns brancos. A todos parecía gustarlles ese home, se lles vía cómodos na súa presenza.»|Olga Aleksandrovna.{{sfn|Massie|1972|p=199-200}}}}
 
A complicidade de Rasputin cos nenos facíase patente en moitas das mensaxes que lles enviaba. En febreiro de 1909 escribiulles un telegrama no que lles aconsellaba:
{{cita|«Amade toda a intensidade de Deus e da súa Creación, en especial nesta terra. A Nai de Deus sempre estaba ocupada cosendo e recollendo flores.»|Rasputin.{{sfn|Maylunas|Mironenko|1997|p=321}}}}
 
Porén, unha das doncelas das nenas, Sofía Ivanovna Tiutcheva, horrorizouse en [[1910]] sobre o feito de que se lle permitira a Rasputin entrar nas habitacións das rapazas cando estas só levaban un camisón. O tsar Nicolao tivo que pedirlle ao ''starets'' que evitara facelo nun futuro. Os nenos, conscientes da situación, temeron que as palabras de Tiutcheva fixeran enfadar a súa nai:
{{cita|«Teño medo de que S.I. diga... cousas malas do noso amigo (...) Espero que a nosa doncela sexa amable co noso amigo no futuro»|Carta de Tatiana a Alexandra o 8 de marzo de 1910.{{sfn|Maylunas|Mironenko|1997|p=330}}}}
Pouco despois a tsarina despediu a Tiutcheva.{{sfn|Maylunas|Mironenko|1997|p=330}}
 
Tiutcheva informou do que vía ao resto de membros da familia imperial.{{sfn|Massie|1972|p=208}} Mentres que as visitas de Rasputin ás nenas eran consideradas polo monxe como algo completamente inocente na natureza, o resto da familia estaba escandalizada. Tiutcheva explicoulle á irmá de Nicolao, a gran duquesa [[Xenia Aleksandrovna Romanova|Xenia]], que Rasputin visitaba ás nenas, falaba con elas mentres se preparaban para ir a durmir e as abrazaba e acariciaba. Tiutcheva dicía que as nenas foran instruídas para non falar do monxe na súa presenza e para ocultar as súas visitas ás súas habitacións. O [[15 de marzo]] de [[1910]] Xenia escribiu que non podía entender:
{{cita|«... a actitude de Alix (a tsarina) e os nenos cara ese sinistro Grigorii Rasputin, ao que consideraban case como un santo, cando non era máis ca un vulgar "khlistii"».{{efn|Os khlistii (en ruso Хлысты́), flaxelantes ou azoutados; tamén chamados Xente de Deus. Grupo sectario separado da Igresxa Ortodoxa Rusa, escisión da Igrexa dos Vellos crentes. Fundado por Daniil Filippovič, en 1631, na provincia de Kostromá, Rusia.}}{{sfn|Maylunas|Mironenko|1997|p=330}}}}
 
Na primavera de [[1910]] María Ivanovna Vishniakova, unha doncela real, denunciou que Rasputin a violara. Vishniakova dixo que a tsarina se negou a crela e que insistiu en que «todo o que Rasputin fai é santo». A gran duquesa Olga Aleksandrovna delcarou que as acusacións de Vishniakova foron inmediatamente investigadas, porén «sorprenderon á moza na cama cun cosaco da Garda Imperial». Impediron a Vishniakova acercarse a Rasputin e en [[1913]] foi despedida.{{sfn|Radzinsky|2003|p=129-130}}
 
[[Ficheiro:Rasputin listovka.jpg|miniatura|Caricatura de Rasputín controlando aos tsares de Rusia]]
Os rumores continuaron, ata o punto que se dicía que Rasputin non só seducira á tsarina, senón tamén ás catro grandes duquesas.{{sfn|Mager|1998}} Estes rumores aumentaron cando o propio Rasputin divulgou as cartas que a tsarina e as súas fillas lle enviaban:
{{cita|«Meu querido, fermoso, o meu único amigo (...) Cantas ganas teño de verte outra vez. Hoxe soñei contigo. Sempre lle pregunto a Mamá cando verás... Penso en ti sempre, cariño, porque es tan bo comigo...»|Carta de Anastasia a Rasputin.<ref name="Sams"> {{Cita web |autor=Sams, Ed |título="Victoria's Dark Secrets" |obra=alexanderpalace.org |url=http://www.curiouschapbooks.com/Catalog_of_Curious_Chapbooks/Victoria_s_Dark_Secrets/body_victoria_s_dark_secrets.html |dataacceso=31 de decembro de 2006 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070107143111/http://www.curiouschapbooks.com/Catalog_of_Curious_Chapbooks/Victoria_s_Dark_Secrets/body_victoria_s_dark_secrets.html |dataarquivo=7 de xaneiro de 2007 }}</ref>}} A estas revelacións seguiron a circulación duns debuxos pornográficos que representaban a Rasputin mantendo relacións sexuais coa tsarina, as súas catro fillas e [[Ana Vyrubova]].{{sfn|Christopher|Kurth|Radzinsky|1995|p=115}} A raíz do escándalo o tsar, a pesar da forte oposición da súa esposa, ordenou a Rasputin que abandonara [[San Petersburgo]] por un tempo, co que este marchou de [[peregrino]] a [[Palestina (rexión)|Palestina]].{{sfn|Christopher|Kurth|Radzinsky|1995|p=116}} A pesar dos rumores, a unión entre a familia imperial e o monxe continuou ata o asasinato deste o {{xulgregdata|29|12|1916}}.
{{cita|«O Noso Amigo está moi satisfeito das nosas nenas, di que pasado por duras probas para a súa idade e de que as súas almas están moi desenvolvidas»|Carta de Alexandra a Nicolao o [[6 de decembro]] de [[1916]].{{sfn|Maylunas|Mironenko|1997|p=489}}}}
 
Nas súas memorias, A. A. Mordvinov escribiu que as catro grandes duquesas se quedaron «visiblemente trastornadas» pola morte de Rasputin e que permaneceron sentadas «abrazadas unhas ás outras» nun sofá dun dos seus dormitorios durante toda a noite na que recibiron a noticia. Mordvinov lembraba que as rapazas estaban de moi mal humor e que parecían intuír a axitación política que xa se estaba creando en [[Rusia]].{{sfn|Maylunas|Mironenko|1997|p=507}} Rasputin foi soterrado cunha [[icona (arte)|icona]], asinada no reverso pola tsarina e as súas catro fillas. A familia asistiu ao seu enterro, o {{xulgregdata|3|1|1918}} e idearon edificar unha igrexa sobre o lugar da súa tumba.{{sfn|Maylunas|Mironenko|1997|p=511}}
 
=== Primeira Guerra Mundial ===
Liña 63 ⟶ 86:
{{Cita|''Se Rusia vai a guerra, será o final da monarquía, dos Romanovs e das institucións rusas''.<ref>Victor Alexandrov (1966) ''The End of the Romanovs'', trans. William Sutcliffe. Little, Brown, and Company, Boston, p. 155.</ref>|}}
 
[[Ficheiro:Rasputin listovka.jpg|miniatura|Caricatura de Rasputín controlando aos tsares de Rusia]]
Durante a [[Crise de Xullo]], Nicolao II ordenou a mobilización xeral para apoiar o [[Reino de Serbia]]. Esperaba que Alemaña xamais atacaría Rusia, Francia e Inglaterra ao mesmo tempo. Porén, Alemaña declarou a guerra a Rusia, comezando así a [[Primeira Guerra Mundial|guerra]]. Rusia esperaba que a guerra durase ate o [[Nadal]],<ref>{{Harvnb|Moe|2011|pp=284, 305}}</ref> pero despois dun ano a situación volveuse insostible.<ref>{{Harvnb|Antrick|1938|pp=35}}</ref> O tsar tomou o control do exército o [[23 de agosto]] de [[1915]], decisión que, en gran medida, estivo instigada pola tsarina e Rasputín.<ref>[http://www.alexanderpalace.org/letters/august15.html Letters from Tsar Nicholas to Tsaritsa Alexandra – AUGUST 1915]. Alexanderpalace.org. Consultado o 15 de xullo 2014.</ref><ref>{{Harvnb|Moe|2011|p=332}}</ref> Alexandra quedou así ao cargo do goberno. A intervención de Rasputin na política do país, que ate entón fora esporádica,<ref>[https://www.gwu.edu/~ieresgwu/assets/docs/demokratizatsiya%20archive/09-1_Zaslavsky.PDF The Dark Forces: Popular Analogies in Russian Politics, p. 83, by ALEXANDER ZASLAVSKY]</ref> aumentou ate o punto de que Alexandra se limitaba a enviarlle ao seu marido as decisións de Rasputin para que as aprobase<ref>{{Harvnb|King|1994|p=xi}}</ref>.