Manuel Espiña Gamallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
{{biografía}}
'''Manuel Espiña Gamallo''', nado en [[Folgoso, Cerdedo-Cotobade|Santa María de Folgoso]] ([[Cerdedo-Cotobade]]) o [[25 de xullo]] de [[1933]] e finado en [[Pontevedra]] o [[28 de febreiro]] de [[2010]], foi un [[sacerdote]], [[teoloxía|teólogo]], [[pedagoxía|pedagogo]], [[literatura|escritor]] e promotor e defensor do uso da [[lingua galega]] no seo da [[Igrexa Católica|Igrexa]] e do achegamento e compromiso do catolicismo coa realidade galega.
 
Liña 6 ⟶ 7:
A partir de [[1951]] cursou as licenciaturas en [[Filosofía]] e [[Teoloxía]] na [[Universidade Pontificia Comillas]] ([[Santander]]), ordenándose alí sacerdote en marzo de [[1959]].<ref name=GEG/><ref name=G/> Foi en Comillas onde comeza a formarse a súa conciencia galeguista, como lle ocorreu a tantos outros; alí coincidiu con [[Carlos Baliñas Fernández]], o [[Jesús Silva Méndez|Padre Silva]] e [[Xosé Morente Torres|Morente Torres]], entre outros.<ref name=GC>[http://bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=Gaecr%22Df1&id_edicion=Gaecr%22Df1002&formato=texto&pagina=10&cabecera=&maxpagina=11&minpagina=1 Galegos e cristiáns]. "Deus fratresque Gallaeciae". [[BVG]].</ref>
 
O seu primeiro destino foi como coadxutor-vigairo en [[Igrexa de Santa María do Azougue|Santa María do Azougue]] ([[Betanzos]]), cargo que desempeñou desde [[1959]] a [[1962]], cando foi nomeado polo cardeal [[Fernando Quiroga Palacios|Quiroga Palacios]] director espiritual do [[Seminario Menor de Belvís]], onde o seu labor máis innovador foi ser o galeguizador ao atoparse cuns rapaces que se avergoñan da lingua dos seus pais (ou que eran castigados cando falaban entre eles en galego (Espiña consegiu que se suprimisen estes castigos). Alí comeza a traducir os Evanxeos ao galego, no medio da incomprensión dos seus compañeiros.<ref name=GC/>
 
En 1965 consegue por oposición unha coenxía na [[Colexiata de Santa María do Campo|Real Colexiata da Coruña]] e, o mesmo ano, e comeza a dar clases de latín, grego e francés no Fogar de Santa Margarita da Coruña e de relixión na Escola Normal de Maxisterio (e posteriormente na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB na que aquela se transformou), e logo, até a súa xubilación en [[1999]] de teoloxía católica e a súa didáctica e pedagoxía, así como de historia das relixións, na Facultade de Ciencias da Educación da [[UDC|Universidade da Coruña]].<ref name=G/>
 
[[Ficheiro:Colegiata de Santa Maria6.jpg|miniatura|[[Colexiata de Santa María do Campo]].]]