Emilia Pardo Bazán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Primeiras obras: René Descartes
Liña 62:
Trala voda, Emilia e mailo seu home trasladáronse a [[Santiago de Compostela]], onde este estudaba [[Dereito]].<ref name=Wooster>[https://web.archive.org/web/20090307205711/https://www.wooster.edu/spanish/bcope/Cursos/Pardo_Bazan.html Emilia Pardo Bazán (1851-1921)] Enciclonet.com, consultada o 12/06/09 {{Es}}.</ref> Un ano despois, José Pardo, pai da escritora, é nomeado deputado nas cortes, trasladándose entón toda a familia a Madrid e introducíndose Emilia nos círculos culturais e literarios da época.<ref name=Twayne/> Porén, o pai axiña ficou desilusionado coa política, polo que a familia decidiu abandonar o país para facer unha viaxe por [[Europa]]. A viaxe por Europa esperta na escritora o interese polas linguas estranxeiras. Emilia, que xa tiña coñecementos de [[latín]] e [[Lingua francesa|francés]], decide aprender [[Lingua alemá|alemán]] e [[lingua inglesa|inglés]] co desexo de ler os grandes autores nas súas linguas orixinais.<ref name=Espaciolibros/> Antes de volver, Pardo Bazán pasou por [[París]], onde coñeceu a [[Victor Hugo]], o mestre da novela decimonónica.<ref name=Uvilce>[https://web.archive.org/web/20090308082325/http://www.uvilce.es/uvilce/index.php?option=com_content&task=view&id=321&Itemid=113 Universidad Virtual de la Lengua y Cultura Española: Emilia Pardo Bazán] Uvilce.es {{Es}}.</ref> Asemade, ese mesmo ano publicou unha escolma de estudos sobre o [[darwinismo]] que reuniu baixo o título ''Reflexiones científicas sobre el darwinismo'', en cuxo desenvolvemento xa se percibía o seu achegamento a teorías europeas (como o [[determinismo]]), estreitamente vencellado ao naturalismo francés.<ref name= Wooster/>
 
Interésase polas novidades literarias estranxeiras e, ao regresar a España, entra en contacto co [[krausismo]] a través de [[Francisco Giner de los Ríos]], co cal tiña unha grande amizade. A influencia krausista empurraríaa á lectura dos místicos e de [[Kant]], e estes, á vez, conduciríana até [[René Descartes|Descartes]], [[Tomé de Aquino]], [[Aristóteles]] e [[Platón]].<ref name= Bibliotecaautor/>
 
En [[1876]] dáse a coñecer como escritora ao participar e gañar un certame literario na vila de [[Ourense]] que tiña como fin celebrar o centenario do [[Benito Jerónimo Feijoo|padre Feijoo]]. Nese mesmo ano nace [[Jaime Quiroga Pardo Bazán|Jaime]], o seu primeiro fillo, a quen lle dedicaría anos máis tarde unha escolma de poemas co título de ''Jaime'' (1881), publicado polo seu amigo [[Francisco Giner de los Ríos]].<ref name= Culturagalega>Guitar Novo, Susana [http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=22 "Emilia Pardo Bazán Unha muller que viviu e loitou como muller nun mundo de homes"] [[Álbum de Mulleres]].</ref>