PO-300: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
==Percorrido==
A estrada é un tramo do camiño entre [[Pontevedra]] e [[Cambados]]. Sae desde San Tomé de Nogueira, no concello de Meis, onde enlaza coa estrada [[CPO-531]] (Pontevedra-[[Vilagarcía de Arousa]]). Pasa polo [[O Mosteiro, Meis|Mosteiro]], [[Rochela, Nogueira, Meis|Rochela]] e [[Zacande, Nogueira, Meis|Zacande]] nun tramo urbano. Despois de entrar no concello de [[Ribadumia]] cruza [[Portarís, Lois, Ribadumia|Portarís]] ([[Lois, Ribadumia|Lois]]), [[Abelenda, Leiro, Ribadumia|Abelenda]] e [[A Costa, Leiro, Ribadumia|A Costa]] ([[Leiro, Ribadumia|Leiro]]) até chegar a [[Ponte Arnelas, Leiro, Ribadumia|Ponte Arnelas]].
 
Cruza o [[río Umia]] pola ponte de Santa Marta (antigamente pola ponte dos Padriños) e entra no concello de [[Vilanova de Arousa]]. Despois chega ao concello de Cambados por [[Oubiña, Cambados|Oubiña]], cruza o [[polígono industrial do Salnés]] e tras pasar [[Sameiro, Vilariño, Cambados|Sameiro]] e Cacabelos chega a unha rotonda na que remata. Alí conecta coa [[VG-4.2]] e a [[VG-4.3]], e está prolongada pola estrada [[PO-550]], que segue até [[A Lanzada, Noalla, Sanxenxo|A Lanzada]].