Manuel Espiña Gamallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
En [[1968]] recibe con Morente o [[Pedrón de Ouro]] polo seu labor a prol da galeguización da liturxia; un camiño demasiado lento pola eterna resposta do ''supersedeatur'', co que [[Vaticano|Roma]] contestaba unha e outra vez, a pesar da insistencia do cardeal Quiroga (foi a comezos do 1969 cando se acadou a aprobación oficial). No mesmo ano 1968 edítase o ''Misal Galego dos Fieis'', obra de novo do tándem Espiña-Morente, coa colaboración de [[Vidán Torreira]], [[Isaac Alonso Estraviz|Alonso Estravís]] e [[Ventura Cores Trasmonte]].<ref name=GEG/><ref name=GC/>
[[Ficheiro:FundaciónFundacion Labaca.004 - LaA Coruña.JPGjpg|miniatura|A Fundación Labaca.]]
 
En xaneiro de [[1970]] o daquela director de ''[[La Voz de Galicia]]'', [[Francisco Pillado Rivadulla]], concédelle unha sección semanal no xornal, ''O outeiro de san Xusto'', que se converteu na máis longa do diario. Esta atalaia deulle unha notoriedade inusual nun cura, até o punto de que en dúas ocasións (1973 e 1981) foi "Invitado de honra" dos [[Centro Galego de Bos Aires|Centros Galegos de Bos Aires]] e de [[Montevideo]] con motivo do ''Día de Galicia''. Pero tamén comportou a que a súa misa dominical, primeiro nas Capuchinas, e despois nos locais do Servizo Doméstico, estivera sempre controlada pola policía.