George Berkeley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: corrixido título orixinal en corpo do texto
m →‎Filosofía: David Hume
Liña 25:
A filosofía científica de Berkeley bautizouse como [[Empirismo|empirista]], [[Positivismo|positivista]] instrumentalista, [[Fenomenoloxía|fenomenolóxica]] e [[Teísmo (filosofía)|teísta]]. Berkeley foi un dos primeiros críticos de [[Newton]], aínda que a súa filosofía xurdiu como consecuencia de ler ''An Essay Concerning Human Understanding'' de [[Locke]], que apoiaba e estendía as ideas de Newton. Berkeley rexeitou a dicotomía entre a materia ou substancia, por un lado, e as diferentes calidades que percibimos nela cos nosos sentidos, polo outro; con espírito aínda máis empirista que o de Locke, sinalou que como o único que realmente percibimos son as calidades, mentres que a materia nada máis a supoñemos, esta debería eliminarse, deixando á realidade formada só por dous elementos: as mentes e as ideas que estas experimentan directamente. De aquí xorde o famoso ''esse est percipi'', cuxa única excepción (para Berkeley) é Deus. As cousas que enchen este mundo existen grazas a que son percibidas por Deus, pero o seu poder é tan grande que a través del nós tamén as percibimos.
 
A filosofía da ciencia de Berkeley derivase da súa epistemoloxía, que non require da andamiaxe metafísica necesaria para demostrar a existencia de Deus: como bo idealista, postula que as nosas experiencias dos fenómenos reais só son secuencias de ideas que ocorren na mente, sen relación causal ningunha có mundo exterior; como bo fenomenólogo, sinala que a "negrura" da noite ou o sabor dun doce son os únicos obxectos do coñecemento; como bo instrumentalista, critica a Newton pola súa transformación de termos matemáticos en entidades "reais", pode dicirse que a posición de Berkeley ante as leis da mecánica newtoniana era claramente idealista, fenomenolóxica, instrumentista e positivista. No seu esforzo por establecer unha teoría racional do coñecemento totalmente consistente, Berkeley sacrificou a súa credibilidade. Ao saber o doutor Johnson de que Berkeley negaba a existencia do mundo exterior, pateou unha gran pedra mentres dicía: "¡Así é como o refuto!" A pesar do peso histórico desta anécdota, o irascíbel doutor Johnson non estaba refutando nada, senón simplemente xerando certas sensacións diferentes no seu pé. Pero Berkeley anticipou con gran claridade o seguinte e último paso do empirismo, dado por [[David Hume|Hume]], que foi o recoñecemento das dificultades implícitas na teoría filosófica da causalidade e do que posteriormente coñeceuse como o "problema da indución".
 
En consecuencia: