Facultade de Dereito de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 9:
=== Inicios ===
{{AP|Universidade de Santiago de Compostela#Historia}}
As orixes da Universidade de Santiago remóntanse a finais do [[século XV]], cando o [[notario]] e rexedor compostelán [[Lopo Gómez de Marzoa]] promoveu a creación en [[Santiago de Compostela|Santiago]] dun '''Colexio de Estudantes Pobres'''.<ref>{{Cita libro |título= Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela |nome= |apelidos= |ligazónautor= |autor2= |ano= 1995 |editor= USC |localización= Santiago de Compostela |isbn= 84-8121-304-7 |páxina= |páxinas= 102-104 |dataacceso=6 de maio de 2018 |url= http://books.google.es/books?id=A_e90mnTYugC&pg=PA94&dq=gallaecia+fulget&hl=es&sa=X&ei=UofCUPH8A6u00QX57IBw&ved=0CDMQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false}}</ref> O [[17 de xullo]] de [[1501]] de novo Lopo Gómez de Marzoa xunto con [[Diego de Muros II]], bispo de [[Canarias]], e [[Diego de Muros III]], deán de Santiago, fixeron unha segunda fundación, na que configuraron un '''Estudo Xeral''' coa súa propia normativa e a súa sede nunha casa da [[Rúa Nova, (Santiago de Compopstela)|Rúa Nova]] onde se impartiron clases de [[Gramática]] e unha cátedra de [[Código de Dereito Canónico|Canons]]. No ano [[1504]] unha [[bula]] do papa [[Xulio II]] confirma a fundación do devandito estudo. Este estudo foi absorbido polo [[Colexio de Santiago Alfeo]] no ano [[1542]], tras o pasamento do seu único catedrático [[Pedro de Vitoria|Pedro de Victoria]], considerado primeiro [[reitor]] da Universidade de Santiago<ref>{{Cita libro |título= Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela |nome= |apelidos= |ligazónautor= |autor2= |ano= 1995 |editor= USC |localización= Santiago de Compostela |isbn= 84-8121-304-7 |páxina= 100 |páxinas= |dataacceso=10 de decembro de 2012 |url= http://books.google.es/books?id=A_e90mnTYugC&pg=PA94&dq=gallaecia+fulget&hl=es&sa=X&ei=UofCUPH8A6u00QX57IBw&ved=0CDMQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false}}.</ref>
 
Pero a verdadeira fundación da Universidade foi obra do [[arcebispo]] [[Alonso III de Fonseca]] que, no ano [[1522]] comezou a xestionar a creación dun '''Colexio Novo''', ao que denominaría [[Colexio de Santiago Alfeo]], que foi aprobado por unha [[bula]] do papa [[Clemente VII]] o [[15 de marzo]] de [[1526]] outorgándolle os mesmos privilexios que o colexio fundado polo [[cardeal Cisneros]] en [[Alcalá de Henares]]. Fixou o proxecto no seu [[testamento]] de [[1531]], incluíndo a dotación aos executores e ao proxecto de construción, pero á súa morte no ano [[1534]] aínda non se puxera en marcha. Nos anos [[1551]] e [[1552]] algúns testamenteiros reuníronse co patrón do colexio, o [[condado de Monterrei|conde de Monterrei]], co obxecto de poñer en marcha o colexio. O edificio xa estaba feito pero carecían da normativa organizativa, polo que chegaron a valorar a entrega da institución aos [[xesuítas]] para que fosen eles os que a organizasen. Finalmente, o [[25 de outubro]] de [[1553]] promulgaron as primeiras ordenanzas, pero estas non chegaron a aplicarse. Xa había tempo que o Colexio de Santiago Alfeo estaba construído nos terreos doados polo propio Fonseca do solar familiar na [[Rúa do Franco, (Santiago de Compostela)|Rúa do Franco]].
 
As liortas entre os partidarios de entregar a institución aos xesuítas, principalmente o arcebispo [[Xoán Álvarez de Toledo]], e os testamenteiros, fixo que o cabido recorrese á arbitraxe de [[Filipe II de España|Filipe II]]. Este, por medio da provisión real do [[26 de xuño]] de [[1555]], encomendoulle ao doutor [[Andrés Cuesta]] o estudo e reorganización do colexio. Seguindo a encomenda organizou o Colexio de Santiago Alfeo diferenciándoo da propia Universidade. Só os colexiais do devandito colexio podían obter os graos académicos tendo que esperar á consolidación definitiva até o [[10 de decembro]] de [[1567]], cando o [[Consello Real]] estableceu as gradacións da Universidade de Santiago de Compostela. A [[Reis de España|Coroa]] foi desde entón o principal patrón da institución. No ano [[1577]] solicitouse de novo a intervención da Coroa para reformar os estatutos da universidade. A consecuencia foi a visita de [[Pedro Portocarrero]] e a posterior aprobación da súa reforma en outubro de [[1588]]. Nela especificábanse mais polo miúdo as competencias e funcións dos diferentes órganos e establecíase a residencia para [[teólogo]]s e [[xurista]]s no [[Colexio Maior|colexio maior]] de Santiago Alfeo e a dos [[artista]]s no de San Xerome, deixándolle a ensinanza da Gramática á [[Compañía de Xesús]]. Ao longo do [[século XVI]] chegaron durante varios cursos aos 3.000 estudantes, que procedían principalmente de Galicia e [[Asturias]].