Crioulo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrigido duplo redirecionamento
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Criollo"
Etiquetas: Redirección eliminada Tradución de contido
Liña 1:
'''Crioulo''' é un ''europeismo'' empregado dende a época da [[colonización europea de América]], aplicándoo ós nados no [[América|continente americano]], pero cunha orixe [[Europa|europea.]] A diferenza do indíxena, o crioulo era nas [[Imperio Español|colonias españolas]] un habitante nado en América de pais europeos (usualmente españois pero tamén doutras orixes étnicas), ou descendente soamente deles.
#REDIRECT [[Linguas crioulas]]
 
Tamén se usa o termo ''crioulismo'' para designar ó movemento dos fillos de españois nados en España que buscaban unha identidade propia a través do pasado indíxena, de símbolos propios e da exaltación de todo o relacionado co americano. A súa identidade foise fortalecendo como consecuencia das reformas borbónicas que os relegaron dos principais cargos políticos e eclesiásticos en [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]], situación determinante para o estoupido do movemento insurxente e a consumación da independencia.
 
A mediados do [[século XVIII]] os crioulos de orixe [[España|española]] controlaban boa parte do comercio e da propiedade agraria, polo que tiñan un gran poder económico e unha gran consideración social, pero estaban desprazados dos principais cargos políticos en favor dos nados en España.
 
En [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]], a lei prohibía o matrimonio entre un funcionario español peninsular en exercicio e unha crioula; é dicir, muller branca nada en América descendente de españois. Isto non impedía que se efectuasen unións de feito entre mulleres crioulas e funcionarios españois.<ref name="Quijada">{{Cita libro|título=Historia de las mujeres, tomo III, Del Renacimiento a la Edad Moderna, pág. 648-668|editorial=Madrid, Santillana 2000|ISBN=84-306-0390-5|capítulo=Las mujeres en Nueva España: orden establecido y márgenes de actuación}}</ref>
 
== Referencias ==
{{listaref}}
[[Categoría:Grupos étnicos de América]]