Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 33:
 
O [[altruísmo]] pode entenderse como ''altruísmo puro'', onde non existen [[apego]] nin [[Desexo (filosofía)|desexo]], como no caso do [[ budismo]], ou ben como ''«egoísmo altruísta»'', como no caso do [[cristianismo]], onde existen apego a un ser superior e o desexo de obter a [[salvación]]. Na práctica, en ambas as relixións existen apego e desexo, e no budismo existe unha última etapa previa á [[iluminación (crenza)|iluminación]] que consiste na renunciación a todos os logros conseguidos a cambio de nada, co obxectivo de destruír o ego completamente. Para o chamado «altruísmo puro», non existe posibilidade de negociación; as relacións non son competitivas, senón colaborativas: un procura o benestar dos demais sen esperar nada a cambio, e os demais procuran o benestar dun.
 
O [[budismo]] sitúa ao [[Upādāna|apego]] e ao [[Taṇhā|desexo]] como emocións negativas que tamén producen [[ira]] e, en definitiva, [[Duḥkha|sufrimento]]. Apego, desexo, ira, medo e [[Avidyā|ignorancia]] (por exemplo, falta de comprensión do sufrimento alleo) contribúen a reforzar o ego. Na filosofía budista, o amor real é o amor compasivo, e o amor e o [[Ego, superego e id|ego]] son incompatibles.<ref name="Buddha">[http://books.google.es/books?id=VECepVHTH0QC&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Guatama Buddha. ''The Dhammapada''. Translated by Irving Babbitt.]</ref> Recentes estudos científicos demostraron que a [[meditación]] produce un incremento da actividade nas zonas cerebrais relacionadas coas emocións positivas e unha diminución da actividade nas zonas relacionadas coa ira e a depresión.<ref name="Compasión">[http://www.redesparalaciencia.com/2871/redes/2010/redes-60-la-ciencia-de-la-compasion Redes 60: La ciencia de la compasión]. Entrevista a [[Matthieu Ricard]] realizada por [[Eduardo Punset]]. Programa emitido el 16 y 19 de mayo de 2010.</ref><ref name="NYT">[http://www.nytimes.com/2003/09/14/magazine/14BUDDHISM.html Is Buddhism good for your health?] Artículo por Stephen S. Hall para ''The New York Times Magazine'', 14 de setembro de 2003.</ref>
 
O «egoísmo altruísta» é a filosofía das relacións humanas predicada por [[Cristo|Xesucristo]] («ama a Deus sobre todas as cousas e ao próximo como a ti mesmo»).
 
O altruísmo é a forma de entender o amor para [[Gottfried Wilhelm Leibniz|Leibniz]], quen cre que, se uno realmente entende e busca o amor, sempre obterá pracer na felicidade doutro.<ref>[http://muse.jhu.edu/journals/journal_of_the_history_of_philosophy/summary/v015/15.3den_uyl.html The Aristocratic Principle in the Political Philosophy of Leibniz]. DJ Den Uyl - Journal of the History of Philosophy, 2008 - muse.jhu.edu.</ref>
{{cita|''Amar verdadeiramente, e dun modo desinteresado, non é outra cousa que atopar pracer nas perfeccións ou na felicidade do obxecto.''<ref>O Ibarz… - Anuario filosófico. [http://dialnet.unirioja.es/servlet/dcart?info=link&codigo=28829&orden=177556 La felicidad en la Europa de 1700]. 1986 - dialnet.unirioja.es. P. 184.</ref>|[[Gottfried Wilhelm Leibniz|Gottfried Leibniz]]}}
 
A [[psicoloxía humanista]] considera que o amor é indispensable para conseguir unha [[autoestima]] saudable.
 
{{cita|''É imposible a [[saúde]] [[psicoloxía|psicolóxica]], a non ser que o esencial da persoa sexa fundamentalmente aceptado, amado e respectado por outros e por ela mesma''.<ref name="Bonet">[http://books.google.es/books?hl=es&lr=&id=iTwVTnXcuBcC&oi=fnd&pg=PA11#v=onepage&q&f=false José-Vicente Bonet. ''Sé amigo de ti mismo: manual de autoestima'']. 1997. Ed. Sal Terrae. Maliaño (Cantabria, España). ISBN 978-84-293-1133-4.</ref>|[[Abraham Maslow]]}}
 
[[Ficheiro:Matthieu Ricard, World Economic Forum 2009 Annual Meeting.jpg|miniatura|100px|Matthieu Ricard no Foro Económico Mundial de 2009.]]
 
[[Abraham Maslow]] sitúa ao amor no estrato de ''afiliación'', entre o de ''seguridade'' e o de ''recoñecemento'', dentro do seu [[Pirámide de necesidades de Maslow|xerarquía das necesidades humanas]].<ref name="Maslow">A. H. Maslow. [http://psychclassics.yorku.ca/Maslow/motivation.htm A Theory of Human Motivation]. 1943. Classics in the History of Psychology.</ref>
 
[[Matthieu Ricard]], doutor en [[bioquímica]] e monxe [[budismo|budista]], pon como exemplo os comportamentos altruístas que existiron entre [[pobo xudeu|xudeus]] descoñecidos entre si durante a [[Ocupación de Polonia (1939-1945)|ocupación nazi]] para ilustrar o feito de que os seres humanos somos altruístas por natureza. «Como cabe pensar que actuasen por egoísmo nesa situación?», argumenta.
 
[[Ficheiro:Gizeh Cheops BW 1.jpg|miniatura|[[Gran Pirámide de Gizeh]]. As [[pirámides de Exipto]] son monumentos o [[narcisismo]].]]
 
== Consideracións con respecto ao amor ==