Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 28:
 
A intelixencia constitúese como un nivel adicional de superorganización que permite a análise da situación global e a predición do mellor camiño a seguir mediante a substitución en boa medida do método físico do ensaio e erro por un proceso paralelo e «virtual», tamén suxeito a evolución, que se desenvolve integramente no cerebro dos individuos e que se transmite de forma igualmente «virtual» ás xeracións seguintes mediante a [[educación]]. Segundo a teoría da [[singularidade tecnolóxica]] en conxunción co concepto de [[transhumanismo]], suxírese que pronto teremos a posibilidade de programar de forma «artificial» nosa propia evolución da forma máis beneficiosa para todos,<ref>Eduardo Estrada. [http://dialnet.unirioja.es/servlet/dcfichero_articulo?codigo=3111044&orden=0 «El transhumanismo y la singularidad tecnológica»],</ref> aínda que, con todo, existen críticas respecto diso.<ref>{{cita web|url=http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3648895|título=Transhumanismo y posthumano. Principios teóricos e implicaciones bioéticas|autor=Postigo Solana, Elena|editorial=Dialnet|dataacceso=29 de abril do 2018 |lingua=es}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.aaieticas.org/revista/index.php/cde/article/view/27/58|título=¿Es sostenible el Humanismo?|autor=Fernández, Graciela|editorial=Cuadernos de Ética|ano=2011|dataacceso=29 de abril do 2018 |lingua= es}}</ref>
=== Concepción altruísta ===
 
[[Ficheiro:Aid worker gives medicine to Haitian child in Léogâne 2010-01-24.jpg|miniatura|Traballadora humanitaria medicando a un neno en Léogâne ([[ Haití]]), tras o [[terremoto de Haití de 2010|terremoto]].]]
 
O [[altruísmo]] pode entenderse como ''altruísmo puro'', onde non existen [[apego]] nin [[Desexo (filosofía)|desexo]], como no caso do [[ budismo]], ou ben como ''«egoísmo altruísta»'', como no caso do [[cristianismo]], onde existen apego a un ser superior e o desexo de obter a [[salvación]]. Na práctica, en ambas as relixións existen apego e desexo, e no budismo existe unha última etapa previa á [[iluminación (crenza)|iluminación]] que consiste na renunciación a todos os logros conseguidos a cambio de nada, co obxectivo de destruír o ego completamente. Para o chamado «altruísmo puro», non existe posibilidade de negociación; as relacións non son competitivas, senón colaborativas: un procura o benestar dos demais sen esperar nada a cambio, e os demais procuran o benestar dun.
 
== Consideracións con respecto ao amor ==