Diferenzas entre revisións de «Déixaas»

sen resumo de edición
'''''Déixaas''''' é o quinto disco da cantante [[Galicia|galega]] [[Mercedes Peón]]. O álbum publícase o 27 de abril de 2018.
 
Neste traballo, realizado con [[Mónica de Nut]] e Ana Fernández, a maquinaria pesada convértese en instrumento e nos temas inclúense sons gravados en estaleiros navais. O son, oa entornocontorna, a roupa e mais o traballo de arte do vídeoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao [[punk]], a angustia e a ira na contracultura. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que [[Navantia]] pasase de ser un espazo laboral convencional, adicado á construción naval, para converterse nun lugar para compor [[música industrial]].<blockquote>O primeiro que fixen foi buscar provocacións sonoras e facer unha escolla. Pedín que me deixaran entrar en Navantia para gravar o proceso de construción nesa cidade-industria. Achegueime coas miñas gravadoras na nave da prancha fina e percorrín un portaavións en construción. Todos eses sons penetráronme e comecei a producir polirritmias cos martelos batendo nas pranchas, ambientes coas rebarbadoras, cos pasos subindo escaleiras metálicas, ventiladores etc.</blockquote><blockquote>Isto sería o espazo a onde levo a Mónica, a Ana, ou por exemplo a [[Fernando Abreu]] co seu clarinete. Imaxínome os departamentos en construción con Fernando sentado co seu clarinete baixo, a carón dunha radial que corta metal para un departamento, ou a Mónica chea de vexetación ferrosa na cima do porta-avións, ou a Ana facendo sons cun tubo de fontanería paseándose polo tremendo buque. Ir pasando polos distintos departamentos e que na radio saia a voz de [[Yolanda Castaño]] cos ritmos vogais de [[María Reimóndez]] etc.<ref>{{Cita web|url=http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/62705-resistencia-derrota-mercedes-peon-monica-nut-ana-garcia |xornal=[[Galicia Confidencial]] |título=A resistencia á derrota de Mercedes Peón, Mónica de Nut e Ana García|data=4/8/2017}}</ref></blockquote>O director do vídeoclip, gravado en Navantia, é [[Alberto Castaño]].
 
== Lista de cancións ==
 
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Álbums de Mercedes Peón]]
[[Categoría:Álbums musicais de 2018]]
188.004

edicións