Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
Liña 1:
{{Coordenadas|42|52|41|N|8|32|32|W|display=title}}
{{en uso}}
 
[[Ficheiro:Faculty of History of the USC, Santiago de Compostela, Galicia.jpg|miniatura|Fachada da Facultade de Xeografía e Historia.]]
 
Liña 8:
A Facultade de Xeografía e Historia ocupa o edificio da antiga ''Universidad Central'' de Santiago, na [[praza da Universidade]], da que ocupa todo o seu lado leste, coa adxunta '''igrexa da Universidade''', antigamente dos [[xesuíta]]s, situada entre a Facultade de Xeografía e Historia, e a [[Facultade de Filosofía de Santiago|Facultade de Filosofía]] (esta xa na contigua [[praza de Mazarelos]] e que na actualidade, sen culto, é unha das dúas Salas de exposicións que a Universidade ten no Campus de Compostela (a outra é o [[Colexio de Fonseca]]);<ref>[http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/ USC.[[USC|Área de cultura]]].</ref> e, ademais, é a sede da [[Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela]].<ref>[http://www.santiagoturismo.com/monumentos/igrexa-da-compania-ou-da-universidade Igrexa da Compañía ou da Universidade] en santiagoturismo.com</ref>
 
=== Historia doO edificio ===
[[Ficheiro:Biblioteca Historia.jpg|miniatura|Sala da Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, antiga ''Biblioteca Xeral''.]]
 
=== Historia ===
Tras a expulsión dos xesuítas en [[1767]] o rei [[Carlos III de España|Carlos III]] concédelle á Universidade os terreos e edificios que esta orde relixiosa posuía en Santiago, constituíndose o novo edificio da Universidade, que foi inaugurado en [[1805]]. Coa chegada do [[século XX]] rexístrase un aumento no número de alumnos, así como da oferta académica, coa conseguinte dotación de infraestruturas. Remátase en [[1901]] a ampliación do edificio central da Universidade, e constrúense os edificios da Facultade de Medicina (que, xunto coa de Farmacia, ocupaba o [[Pazo de Fonseca]]) co apoio de [[Eugenio Montero Ríos]], a Facultade de Veterinaria (actual sede do [[Parlamento de Galicia]]) e o Colexio de Xordomudos (actual sede administrativa da [[Xunta de Galicia]], en [[San Caetano, Santiago de Compostela|San Caetano]]).<ref name=HU>[http://www.usc.es/gl/info_xeral/historia/index.html Historia da USC]. [[USC]].</ref> O edificio da ''Universidade central'', rematado polas estatuas dos fundadorescatro ''benefactores'' e, enriba de todo, a escultura de [[Minerva]] e as [[Ciencia]]s, grupo escultórico tallado polo [[Noia|noiés]] [[José Ferreiro]] (1738-1830), que se retirou para ser instalado, en [[1962]], no novo edificio da Facultade de Ciencias no [[USC|Campus Sur]],<ref>[http://memoriasdecompostela.blogspot.com.es/2012/12/grupo-escultorico-de-minerva-y-los.html Grupo escultórico de Minerva y los geniecillos de las Ciencias] en Memorias de Compostela.</ref> daquela coñecido como ''A Residencia''.
 
=== Caractertísticas ===
Durante a primeira metade do século XX o edificio acollía a Facultade de Dereito (na planta baixa), a de Filosofía e Letras (sección de Historia) na primeira planta (onde está tamén o '''Paraninfo''') e a de Ciencias (sección de Químicas) na terceira (e cuxos [[laboratorio]]s estaban no faiado). Nun edificio anexo encontrábase a '''Biblioteca Xeral''' e a '''Biblioteca América''' (hoxe, nestas dependencias sitúase a biblioteca da facultade).
==== Deseño ====
A autoría da traza do edificio é discutida. Sábese que o primeiro proxecto foi realizado por [[Miguel Ferro Caaveiro]] (fillo do tamén arquitecto [[Lucas Ferro Caaveiro]]), e posteriormente reformado por [[Melchor de Prado e Mariño]], a quen se atribúe xeralmente o deseño. As obras comezaron en [[1769]], e prolongáronse con diversas vicisitudes e cambios de plans até [[1805]]. Mais tarde, o edificio sufriu transformacións que alteraron a fachada primitiva e engadiron unha altura máis á construcción.<ref name=PG>Franjo Padín Casas: [http://patrimoniogalego.net/index.php/19925/2012/05/facultade-de-xeografia-e-historia/ Facultade de Xeografía e Historia] en Patrimonio Galego.</ref>
 
==== Arquitectura ====
O edificio ten planta cadrada, organizado arredor dun gran [[claustro]] ou patio central, construído con [[perpiaño]]s regulares de [[granito]]. Orixinariamente contaba con dous andares, a planta terrea e outra superior, comunicadas por unha escaleira de dobre tiro na entrada. A planta inferior ten unha [[galería]] ou corredor arredor do patio, cuberto con bóveda rebaixada, á que se abren as aulas, mentres que os andares superiores teñen teitos rectos. A fachada, de estilo [[neoclásico]] e académico, de gran sobriedade, organízse de maneira simétrica, con dous corpos lixeiramente adiantados nos extremos, decorados con pilastras xigantes de [[orde xónica]], e un corpo central con escalinata e pórtico de columnas tamén xigantes, de orde xónica e fuste liso, montadas sonbre altos plintos. Columnas e pilastras sostexen un entaboamento con friso liso, sen decoración. Na planta terrea ábrense fiestras alinteladas mentres que nos andares superiores os vans cúbrense de arcos rebaixados.<ref name=PG/>
 
Primitivamente, a porta de entrada estaba coroada por un [[Frontón (arquitectura)|frontón]] triangular, co preceptivo [[escudo de España]] no centro do tímpano flanqueado por dous leóns, e unha monumental estatua de Minerva como [[acroterio]], acompañada de figuras de xenios ou nenos nas esquinas. Esta disposición primitiva alterouse profundamente a finais do [[século XIX]] ao engadir un novo andar ao edificio, que supuxo a supresión do frontón e a eliminación das estatuas, que hoxe decoran a Facultade de Química, como quedou dito. Como resultado da reforma, no lugar do frontón, directamente sobre o entaboamento, ubicáronse catro estatuas colosais exentas, que representan a catro benefactores da Universidade: o notario compostelán [[Lopo Gómez de Marzoa]], que fundou un Colexio para estudantes pobres no ano [[1495]] e, tras o fracaso de dita institución, foi un dos promotores e padróns do ''Studium Generale'' (coñecido como [[Colexio de Santiago Alfeo]]) instituído en [[1501]].<ref>Amparo Rubio Martínez & Miguel García Fernández (2016): [http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/403/410 Las últimas voluntades de Lope Gómez de Marzoa: un ''ome poderoso y muy emparentado en la cibdad de Santiago'']. ''Cuadernos de Estudios Gallegos'' LXIII Núm. 129, pp. 243-286.</ref> [[Xoán de Ulloa]], [[Álvaro de Cadaval]] e o [[Condado de Monterrei|conde de Monterrei]]. Sobre o muro, no centro, instalouse un panel en relevo que representa á alegoría da sabedoría coroando con follas de loureiro á mocidade estudantil. A un lado e outro deste relevo locen sendos medallóns cos retratos dos fundadores da Universidade, [[Diego de Muros III]], e [[Alonso III de Fonseca]]. Coroando a [[cornixa]] superior, dúas figuras femininas sosteñen un escudo coas armas abreviadas da [[España|coroa española]].<ref name=PG/>
 
==== Interior ====
No interior, destaca o paraninfo, decorado con frescos de [[José María Fenollera]] e [[Urbano González]], as bibliotecas (a ''Xeral'', con amplo salón de lectura, de [[1923]], e a monumental biblioteca América, fundada por emigrantes, con fondos procedentes da [[diáspora galega]]), e o salón do reitorado, co seu cadeirado de madeira do [[século XVII]].<ref name=PG/>
 
=== Século XX ===
Durante a primeira metade do [[século XX]] o edificio acollía a Facultade de Dereito (na planta baixa), a de Filosofía e Letras (sección de Historia) na primeira planta (onde está tamén o '''Paraninfo''') e a de Ciencias (sección de Químicas) na terceira (e cuxos [[laboratorio]]s estaban no faiado). Nun edificio anexo encontrábase a '''Biblioteca Xeral''' e a '''Biblioteca América''' (hoxe, nestas dependencias sitúase a biblioteca da facultade).
 
Na segunda metade dese século, coas novas construcións no Campus Sur, o antigo edificio central converteuse na actual Facultade de Xeografía e Historia.
Liña 62 ⟶ 76:
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Pérez Rodríguez, Fernando (1988): "El proceso constructivo de la fachada principal de la Universidad de Santiago (1790-1805): su arquitectura y escultura". ''Cuadernos de Estudios Gallegos'', Vol. 45, Nº 110.
* [[María Dolores Vila Jato|Vila Jato, María Dolores]], Coord. (1996): ''[https://books.google.es/books?id=Bk55tzwzXlkC&pg=PA117&lpg=PA117&dq=Gonz%C3%A1lez+paranifo+univerdidad+de+santiago&source=bl&ots=1FBh0cbmsy&sig=IXSOS6gsslcFegqN54UgAjW70Ko&hl=gl&sa=X&ved=0ahUKEwjHps_mw87aAhVLsBQKHQbcDs0Q6AEIVDAD#v=onepage&q=Gonz%C3%A1lez%20paranifo%20univerdidad%20de%20santiago&f=false Patrimonio Historico da Universidade De Santiago]'' (coord.). Santiago de Compotela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-435-3.
 
=== Outros artigos ===
* [[Universidade de Santiago de Compostela]]
 
{{Control de autoridades}}
 
{{Artigos sobre Santiago de Compostela}}
 
[[Categoría:Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela]]