Mesoamérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/%C3%A1rea
Liña 45:
 
As rexións tropicais de Mesoamérica foron modificadas intensamente desde a chegada dos españois. O fenómeno, con todo, ten inicio na época prehispánica. Os maias talaron enormes extensións de selva para construír as súas cidades no [[Petén]], así como na rexión que actualmente corresponde aos estados [[México|mexicanos]] de [[Estado de Chiapas|Chiapas]] e [[Estado de Campeche|Campeche]], mesmas que a propia selva volveu cubrir anos despois de ser abandonadas polos seus habitantes. Nas costas de [[Tabasco]] os indíxenas [[olmecas]] víronse precisados a desenvolver técnicas de cultivo que consistiron en drenar a auga e levar terra onde só había lodo. Aínda que pareza inverosímil, cultivos que hoxe son tan típicos e característicos nesta zona como o [[bananeira|plátano]] e a [[cana de azucre]], non existían en Mesoamérica antes da chegada dos españois. Entre outras especies vexetais comúns destes ecosistemas atópase o [[cacao]], de vital importancia para a economía, a gastronomía e aínda a subsistencia indíxena e actual; o [[mangleiro]] e a [[ceiba]], árbore sacra na cosmogonía mesoamericana pero particularmente na [[Civilización maia|maia]].<ref> Kocyba, 2001: 65-88.</ref> Varios dos animais de maior significado para os mesoamericanos eran comúns nas zonas tropicais, por exemplo, o [[xaguar]], a [[Ara (aves)|guacamaia]], o [[caimán|lagarto]], os [[Mono (animal)|monos]], o [[Pharomachrus|quetzal]] e o [[faisán]].
==== As terras altas ====
[[Ficheiro:Volcan Izalco.jpg|miniatura|O [[volcán Izalco]] atópase no [[O Salvador|Salvador]]. Como o [[Paricutín]] en [[México]], é un volcán nado recentemente.]]
As terras altas xogaron un papel moi importante ao longo da historia de Mesoamérica. Nesta categoría atópanse as zonas con altitudes maiores a 1000 m s. n. m.<ref>Carmack ''et al.'', 1996: cap. II.</ref> As montañas son unha marca da paisaxe das terras altas mesoamericanas. Varias cadeas montañosas enmarcan e sucan Mesoamérica. En territorio mexicano, corre paralela ao Pacífico a [[Serra Madre Occidental]] desde Sonora ata [[Xalisco]]. En [[Colima]] comeza o [[Eixo Neovolcánico]], que atravesa México ata o golfo, onde se atopa coa [[Serra Madre Oriental]] e forma en Oaxaca o chamado [[Serra Mixteca|escudo Mixteco]]. A costa do Pacífico entre [[Michoacán]] e [[Oaxaca]] é bordeada polos noiros da [[Serra Madre do Sur]], tan próxima ao litoral que a chaira costeira é practicamente inexistente. O [[istmo de Tehuantepec]] interrompe a abrupta topografía de México e marca ao mesmo tempo o principio das rexións montañosas de [[América Central]]. Ao oriente desta rexión levántanse a [[Serra Madre de Chiapas]] e a [[cordilleira Centroamericana]] que ocupa a metade sur de [[Guatemala]], o territorio do Salvador e chega a [[Honduras]]. Ao oriente das terras baixas de [[Departamento de El Petén|El Petén]] levántanse os [[montes Maia]], unha pequena serra no sur de [[Belize]]. O territorio de [[Nicaragua]] é menos abrupto que os seus veciños do norte, con todo alí comeza a [[Cordilleira Volcánica (América Central)|cordilleira volcánica]] que bordea a costa pacífica ata Costa Rica. Nela atópanse varios volcáns como o [[Cerro Negro]] e a illa [[ Ometepe]]. Nos confíns sureños de Mesoamérica, atópase a [[cordilleira de Guanacaste]], xa en territorio de [[Costa Rica]].
 
== Notas ==