Death (grupo de protopunk): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 19:
A principios dos anos 60, uns noviños irmáns Hackney viron a carón de seu pai a primeira aparición dos [[Beatles]] no programa ''The Ed Sullivan Show''. Ao día seguinte David atopou unha guitarra nunha calexa e decidiu aprender a tocala. Os seus irmáns Bobby e Dannis pronto seguiron o seu exemplo e comezaron a facer música xuntos.
 
Os irmáns practicaron e gravaron as súas primeiras demos nunha habitación da casa familiar, realizando o seu primeiro concerto no garaxe. Orixinalmente se fixeronfixéronse chamar Rock Fire Funk Express, pero David convenceu aos seus irmáns para cambiar o nome da banda a Death.
 
En [[1974]], nos United Sound Studios de [[Detroit]], gravaron co enxeñeiro Jim Vitti sete temas compostos por David e Bobby. Segundo a familia Hackney, o presidente de [[Columbia Records]] Clive Davis financiou as gravacións, pero pedíu á banda que cambiase de nome para facelo máis comercial. Cando os Hackneys se negaron, Davis deixou de apoialos. Finalmente só gravaron eses sete temas en vez dos doce planeados. O ano seguinte auto-editaron 500 copias das sesións no sinxelo de 7" "Politicians in My Eyes" coa cara-B "Keep on Knocking", a través do seu selo Tryangle. Death oficialmente se separou en [[1977]].