Pobos indíxenas de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 69:
O termo “indio” provén do feito de que [[Cristovo Colón]], cando chegou á [[América]], estaba convencido de que chegara á [[India]] e desa maneira chamou os pobos [[indíxena]]s que alí atopou. Por esa razón tamén, aínda hoxe se refire ás [[illa]]s do [[mar Caribe]] como [[Indias Occidentais]].
 
Máis tarde, estes pobos consideráronse unha [[raza]] distinta e tamén se lles deu o nome de [[pel vermella|peles vermellas]]. Úsase o termo '''amerindio''' para designar os nativos do continente americano, en substitución ás palabras "indios", "indíxenas" e outras consideradas aldraxantes.
 
Na [[América do Norte]], estes pobos son tamén coñecidos polas expresións ''pobos aborixes'', ''indios americanos'', ''primeiras nacións'' (principalmente no [[Canadá]]), ''nativos de [[Alasca]]'' ou ''pobos indíxenas da América''. Porén, os [[esquimó]]s ([[inuit]], [[pobos iupik|iupik]] e [[pobo aleutiano|aleutianos]]) e os [[métis (etnia)|métis]] ([[mestizo]]s) do Canadá, que teñen unha [[cultura]] e [[xenética]] diferente dos restantes, non sempre son considerados naqueles grupos.