Ébano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37:
 
== Especies relacionadas ==
Outra especie do mesmo xénero ''[[Diospyros crassiflora]]'', o ébano de Gabón, (nativo do oeste de África), produce unha madeira semellante e de calidade tamén chamada de ébano. Esta especie [[africana]] é chamada “mpingo” en [[África Oriental]], e “zebrawood” en [[África do SurSuráfrica]]: ''Dalbergia melanoxylon''<ref>Distribución en [http://www.tropicos.org/NameDistributions.aspx?nameid=11500335 Tropicos]</ref>. Outra especie tamén coñecida como ébano é ''[[Diospyros virginiana]]'', americana e con plantacións no estado de [[Tamaulipas]] e [[Nuevo León]] en México, e ao Sur de [[Texas]], nos [[Estados Unidos]]; porén esta última dá unha madeira de peor calidade. A especie ''[[Diospyros digyna]]'' é un parente achegado do ébano; de madeira tamén case negra e moi densa.
 
== Madeira de ébano ==
A madeira de ébano ten unha densidade aproximada de 1,5 t/m³ no momento da talla; posteriormente, cando seca, redúcese a 1,35 t/m³, máis de tres veces a densidade da madeira de [[piñeiro]] e máis de dúas veces a densidade da [[teca]] (''[[Tectona grandis]]''). É unha das madeiras máis duras e pesadas do mundo (non aboia na auga).
 
O ébano ten unha atractiva cor café escura con [[Vea (madeira)|veas]] negras, que son predominantes e o seu aspecto é case negro. Atópase en preto de vinte países de África, dentro do triángulo comprendido entre [[Sudán]], [[Angola]]e o Cabo Oriental en África do SurSuráfrica. Na maioría dos lugares medra coma un [[arbusto]]. Só medra coma árbore en certas partes do [[Mozambique]], [[Tanzania]], [[Zambia]], e a [[República Democrática do Congo]].
 
Os grandes toros poden acadar un diámetro de 6 [[dm]]; un tronco curto pesa entre 800-1000 [[kg]]. Troncos deste tamaño son escasos, pois se necesitan máis de 200 anos para lograr ditas dimensións. Esta madeira é un estándar para a fabricación de instrumentos de vento ([[clarinete]]s, [[oboe]]s, [[Corno inglés|cornos ingleses]]) e para múltiples partes de instrumentos de corda ([[Diapasón (instrumento de corda)|diapasóns]], clavecín e cordais de [[violín]]s, [[violoncello]], [[contrabaixo]]s etc.)