Illas Malvinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4713322 de 193.144.61.240 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Elisardojm (conversa | contribucións)
orto
Liña 56:
Existe unha gran controversia sobre a descuberta e posterior [[colonización]] das Malvinas polos [[Europa|europeos]]. En varios momentos, as illas tiveron asentamentos [[Imperio colonial francés|franceses]], [[Imperio Británico|británicos]], [[Imperio Español|españois]] e [[Arxentina|arxentinos]]. O Reino Unido reafirmou o seu control sobre o arquipélago en 1833, malia que a Arxentina mantiña a súa reivindicación sobre as illas. En abril de 1982, forzas arxentinas [[Operación Rosario|ocuparon temporalmente o territorio]]. A administración británica foi restaurada dous meses máis tarde, no final da [[guerra das Malvinas]].
 
A poboación (2&nbsp;932 habitantes en 2012)<ref name=census2012>{{cita web|url=http://www.falklands.gov.fk/assets/Headline-Results-from-Census-2012.pdf |título=Falkland Islands Census 2012: Headline results |data=10 de setembro de 2012 |editor=Falkland Islands Government |dataacceso=19 de decembro de 2012 |deadurl=yes |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20130520184434/http://www.falklands.gov.fk/assets/Headline-Results-from-Census-2012.pdf |dataarquivo=20 de maio de 2013 }}</ref> está constituída principalmente por nativos das illas, a maioría de ascendencia [[Pobo británico|británica]]. Outras etnias inclúen [[Pobo francés|franceses]], [[Xibraltar|xibraltareños]] e [[Escandinavia|escandinavos]]. A [[inmigración]] procendenteprocedente do Reino Unido, da illa de [[Santa Helena]], no Atlántico Sur, e de [[Chile]] reverteu o decline da poboación. A lingua predominante (e oficial) é o [[Lingua inglesa|inglés]]. De acordo cunha lei de 1983 aprobada polo [[Parlamento do Reino Unido]], os malvineiros son considerados [[cidadán]]s británicos.
 
O arquipélago atópase no límite das zonas climáticas [[Clima oceánico|oceánica subantártica]] e de [[tundra]] e as dúas principais illas teñen cordilleiras que atinxen 700 metros de altura. Elas son o lar de grandes poboacións de [[aves]], malia que moitas xa non se reproducen nas principais illas por mor da concorrencia con [[Especie introducida|especies introducidas]]. As principais actividades económicas son a [[pesca]], o [[turismo]] e a cría de [[ovella]]s, con énfase na exportación de [[la]] de alta calidade. A exploración de [[petróleo]], licenciada polo Goberno das Illas Malvinas, permanece en controversia como resultado de disputas marítimas coa [[Arxentina]].