Hai que botalos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:2005 mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''''Hai que botalos''''' é unha produción documental galega consistente en vinte catro curtametraxes de cadanseu director, que no seu conxunto ofrecen unha visión desde unha perspectiva crítica de aspectos políticos, sociais e naturais de [[Galicia]] coincidindo coas elección autonómicas celebradas na comunidade no mes de [[xuño]] de [[2005]]. O obxectivo era precisamente facer ver as razóns polas que o daquela presidente da Xunta, [[Manuel Fraga]], non debía impoñerse de novo nos comicios, como así sucedeu.
 
A dirección das distintas curtas corre a cargo de [[Carlos Alberto Alonso]], [[Enrique Banet]], [[Jorge Bouza]], [[Manuel Cotelo]], [[Margarita Ledo Andión|Margarita Ledo]], [[Juan Lesta]], [[Tomás Lijó]], [[Emilio MacGregor]], [[Marcelo Martínez]], [[Belén Montero]], [[Enrique Otero]], [[Xosé Antonio Perozo|Xosé Antón Perozo]], [[Fernando Pujalte]], [[Roberto Ribao]], [[Suso Sueiro]], [[Xosé Zapata]] e [[Xurxo García]].
 
Entre os intérpretes están [[Xulio Abonjo]], [[Xosé Barato]], [[Carlos Blanco Vila|Carlos Blanco]], [[Evaristo Calvo]], [[Mónica Camaño]], [[Paula Carballeira]], [[Debora Castro]], [[Xoán Cejudo]], [[Lorena Conde]], [[Manuel Cortés]], [[Leonardo Fernández]], [[Anabel Gago]], [[César Goldi]], [[Anxo Laborda]], [[Miguel de Lira]], [[Paco Lodeiro]], [[Patricia de Lorenzo]], [[Vicente Montoto]], [[Víctor Mosqueira]], [[Manel Pardo]], [[Marta Pazo]], [[Chiqui Pereira]], [[Iria Pinheiro]], [[Marcos PTT]], [[Mabel Rivera]], [[Pablo Rodríguez]], [[Teresa Rodríguez]], [[Xesús Ron]] e [[Bernardo Tejeda]].